As linguas iranias son parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas. Xunto coas linguas indoarias e as linguas nuristanias, forman o grupo de linguas indoiranias, o cal é unha rama do grupo indoeuropeo. O avéstico e o persa antigo son as dúas linguas iranianas máis antigas entre as linguas indoeuropeas rexistradas (incluíndo o grego e ao hitita).
Hoxe, estímase que hai de 150 a 200 millóns de falantes nativos das linguas iranias. O SIL no 2005 enumera 87 variedades das linguas iranias. Por número de artigos, as linguas máis faladas son o persa (70 millóns, xuntando as tres formas coñecidas: persa, taxico e dari), o kurdo e o paxto (25 millóns cada un) o baluchi (7 millóns), e as linguas mazandaraní, guilaquí, talixí e o iriano (coñecido como ossetio).
Só cinco linguas das preto das 87 variedades de linguas iranias son oficias: o persa, o dari, o taxico, o pastún e o iriano (coñecido coma ossetio). No Tadjiikistán con carácter de "cooficial" (o estado comprométese a garantir a ensinanza e a difusión) está o iagnobiano, sen que o resto das linguas do Pamir gocen deste privilexio. En Iristán do Norte (chamado Ossetia polos rusos) o digoriano goza de privilexios nos medios de comunicación e na ensinanza, pero non conta cun estatuto de oficialidade. No Afganistán, segundo garante a nova Constitución Afgá, as linguas maioritarias de cada rexión ou distrito poderán ter carácter de oficial nesas rexións ou distritos.
As grandes linguas iranias e a súa extensión xeográfica
As seguintes linguas iranias son faladas polo menos por un millón de persoas:
Grupo persa (nun senso máis amplo) 55-70 millóns,(coma segunda lingua, preto de 110 millóns, Irán, Afganistán, Tadjiikistán, Paquistán, Uzbequistán). Persa occidental (Farsí ou simplemente persa) 35-40 millóns, coma segunda lingua por máis de 50 millóns (Irán) Xudeopersa; 50.000 persoas (Israel e Irán). Persa oriental 20-30 millóns Dari 15 millóns (Afganistán) Hazaraguí 2,5 millóns (Afganistán 2,2 millóns, Irán 300.000) Aimaq 650.000 (Afganistán) Taxico 4.5 millóns (Tadjiikistán) Bughorés 100.000 (Uzbequistán: Bughará, Irán, Israel) Paxto 35 millóns (22,5 millóns en Paquistán, 12 millóns en Afganistán) Baluchi 9 millóns (7,5 millóns en Paquistán, 1,4 millóns en Irán, 200.000 en Afganistán) Kurdo ou curmanxí 10 millóns (Turquía, Norte de Iraq, Norte de Siria, Norte de Irán e Ghorasán (oeste de Irán) e en partes de Armenia, Azerbaidján e Xeorxia. Uns milleiros en Rusia.) Lurés 4,3 millóns (Irán, Grupo dialectal) Soranés (Chamado tamén kurdo central) 7 millóns (Irak, Irán) lingua kurda meridional 5 millóns (Irán) Mazanderano 3 millóns (Irán, Costa do Caspio) Guilaquiano 2,6 millóns (Irán, Costa do Caspio) Zazaki (ou zaza) 3 millóns (Turquía) Talexiano 1 millóns (Irán, Azerbaidján, Grupo dialectal)
Linguas iranias importantes polo seu número de falantes:
Oseto (chamado tamén alano ou ironau) 600.000 (Iristán do Sur (Xeorxia) e outras zonas de Xeorxia, República do Norte de Iristán-Alania (Rusia). Iristán=Ossetia. Trátase máis ben dun diasistema: lingua iriana e lingua digoriana, sendo a primeira a usada en todo o territorio. Goranés 500.000 (Iraq, Irán) Azarí iraniano ou Tatí meridional 220.000 (Azerbaidján, Irán) Tatí 130.000 (Azerbaidján, Rusia) Wanetsi 100.000 (Paquistán, Afganistán)
Nome O grupo de linguas `iranias´ recibe ese nome porque as súas principais linguas, incluíndo o persa, foron ou son faladas na zona da meseta iraniana dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome 'iranias' non implica ningunha relación co país de Irán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente a Irán úsase a palabra 'iraniano/-a/os/-as).
Agrupación da familia de linguas iranias Grupo oriental Subgrupo de linguas iranias orientaias setentrionais Avéstico ou Avesta Bactrio Cuaresmiano Escita oriental (escita-khotanés) Khotanés Tumxuqués occidental (escita-sármata) Ossetio antigo Digoriano Iriano ou (irón ou ossetia moderno) Xásico Sogdiano Iagnobiano Subgrupo de linguas iranias orientais meridionais Linguas do Pamir Rama xugniana grupo meridional Xugnonés (ou xugnoniano) Ruxonés (ou ruxoniano) grupo setentrional ou bartanguí-roxorví-sariculí Bartanguí Roxorví Sariculí Iazgulamí Rama munxí-idgá Munxí Idgá Rama ixcaximí-sanglechí Sanglechí Ixcaximí Vakhí Pastún Pastún meridional Pastún setentrional Pastún central Wanetsí Wazirí Grupo occidental Rama linguas iranias occidentais setentrionais Balochí balochí meridional balochí occidental balochí oriental balochí montañés Baxcardí Coroxí grupo caspio Guilaquí Mazanderaní xahmirzadí grupo central iranio Axtianí fars nordoccidental dari-zoroastra gazí khunsarí natanzí naiiní parsi-dari parsí sivandí soí vafsí khalaxe grupo curdo kurdo setentrional, Curmanxí kurdo central, Sorani kurdo meridional laquí ormurí-parachí Ormurí Parachí grupo semnaní lasguerdí sanguisarí semnaní sorkheí grupo talixe alvirí-vidarí extehardí gozarkhaní harzaní korex-e rostaní razaxerdí rudbarí xahrudí taquestaní Talixí taromí alto maragueí kho'iní kaxalí cabateí grupo zaza-goraní Dimilí Guraní kirmanxekí/Zazaki bajelaní shabakí sarlí inclasificado Dezfulí Rama de linguas iranianas occidentais meridionais grupo Achomi fars surdoccidental cumzarí bashkardi chudí grupo lurí bakhtiarí lurí del norte lurí del sur grupo pérsido persa occidental (persa) Xidí persa oriental (Dari) Hazaraguí Aimaq Taxico Bukhorí Dehvarí Darvasí pahlavaní grupo tatí xudeotatí tatí (tatí musulmán) Rama inclasificada Tangxeví
Véxase tamén Bibliografía .Enciclopedia Iránica. John Payne. "Pamir languages" in Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.Pamir Languages.pdf Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989. Грамматический очерк осетинского языка. Числительные. С. 457, 458. (En ruso). Abaev, V.I.: Gramática ossetia (en inglés) Основы иранского языкознания. Т. 3. Новоиранские языки. М. 1982. (en ruso) Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: A Reference Grammar of Pashto, 1996 Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., ''Department of Education, Washington D.C.
Ligazóns externas Kümmel, Martin Joachim. "Areal developments in the history of Iranic: West vs. East." BOOK OF ABSTRACTS. Ficha en PROEL, sobre as linguas indoeuropeas Enciclopedia Iránica Educational Resources Information Centre. Pódese consultar sobre moitas publicacións de tipo variado .
Categoría:Linguas iranias