Canis Minor ou Can Menor é unha das 88 constelacións modernas. A súa figura é moi sinxela: unha liña que une dúas estrelas. Procyon a súa estrela máis brillante forma xunto con Betelgeuse (Orión) e Sirio do (Can Maior) o triángulo de inverno.

Estrelas principais α Canis Minoris (Procyon), oitava estrela máis brillante do firmamento, a súa distancia ó sistema solar é de aproximadamente 11 anos luz. Ten unha compañeira que é unha anana branca de magnitude 13. β Canis Minoris (Gomeisa), estrela branco-azulada de magnitude 2,89 cun disco de materia ó redor; é ademais unha variable Gamma Cassiopeiae. γ Canis Minoris, xigante laranxa de magnitude 4,33 e binaria espectroscópica. δ Canis Minoris, denominación compartida por tres estrelas diferentes: δ1 CMi, δ2 CMi e δ3 CMi. δ1 Canis Minoris é unha xigante branco-amarela a 760 anos luz de distancia. η Canis Minoris, tamén unha xigante branco-amarela. U Canis Minoris, estrela variable Mira cunha magnitude que varía entre 7,3 e 11,0 nun período de 338 días. YZ Canis Minoris (Gliese 285), anana vermella que é á súa vez estrela fulgurante e variable BY Draconis; atópase a 19,3 anos luz da Terra.

Mitoloxía esquerda|250px|miniatura|O Can Menor. Ó Can Menor Eratóstenes identificábao co can de Orión, catasterizado á vez que o seu amo, posto que sempre estivera en tódalas súas aventuras. Pero, ó igual que o Can Maior, tamén rexistra a variante de que pode se-la cadela Mera, que cos seus laios causados por atopa-los corpos dos seus amos Icario e Erígone, atraeu á xente para que lles deran sepultura. Outra variante é que se trataría do can de Céfalo que tratou de caza-la Raposa de Teumeso.

A estrela máis brillante desta constelación leva o nome de Procyon que significa "antes que o can" en referencia á súa aparición inmediatamente antes cá estrela can (Sirio).

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Orión Canis Major Canes Venatici Procyon

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Canis Minor Star Tales – Canis Minor

Categoría:Constelacións