Carina ou Quilla é unha constelación do sur que forma parte da vella constelación de Argo Navis (ou navío Argo). A Unión Astronómica Internacional dividiuna en catro compoñentes: Carina (a Quilla), Vela (a Vela), Puppis (a Popa) e Pyxis (o Compás).

Estrelas principais

α Carinae (Canopus), segunda estrela máis brillante do firmamento, de magnitude -0,72, é unha superxigante branco-amarela a 310 anos luz de nós. Aínda que se trata duna estrela do hemisferio sur pode observarse dende a costa africana do mar Mediterráneo. β Carinae (Miaplacidus), despois de Canopo a máis brillante da constelación (magnitude 1,67), unha subxigante branca. ε Carinae (Avior), de magnitude 1,86, o seu nome foille asignado na década de 1930 ó crearse The Air Almanac, un calendario de navegación usado polas forzas aéreas británicas. η Carinae (Eta Carinae), unha das estrelas máis masivas do universo, cunha enorme luminosidade de ó redor de catro millóns de veces a do Sol, e cunha masa estimada entre 100 e 150 veces a masa da nosa estrela local. ι Carinae (Aspidiske), de magnitude 2,21, unha superxigante branca a 690 anos luz. υ Carinae, de magnitude 2,92, estrela binaria que pode ser vista cun simple binóculo. A separación entre as compoñentes é de 5 segundos de arco. χ Carinae (Drys), subxigante azul de magnitude 3,46 distante 387 anos luz. S Carinae, estrela variable Mira cun brillo que varía entre magnitude 4,5 e 9,9 nun ciclo de 149,49 días. AG Carinae, variable luminosa azul un millón de veces máis luminosa có Sol. HD 84810 (l Carinae), estrela variable cefeida, cunha magnitude que oscila entre 3,28 e 4,18 nun ciclo de 35,54 días. É unha das cefeidas máis brillantes, visible a simple vista. HD 93129, sistema estelar masivo onde a súa compoñente HD 93129 é unha das estrelas máis luminosas que se coñecen. WR 20a, sistema binario composto por dúas estrelas de Wolf-Rayet. Sher 25, distante superxigante azul que se pensa que está a punto de estourar coma supernova.

Obxectos Notables do espazo profundo

NGC 2516, cúmulo aberto de gran tamaño, atópase a 1300 anos luz. AR: 07h 58m 18.0s Dec: -60°52'00" (Época 2000). NGC 2808, cúmulo globular grande e rico en estrelas. AR: 09h 12m 00.0s Dec: -64°52'00" (Época 2000). NGC 3114, cúmulo aberto. AR: 10h 02m 42.0s Dec: -60°07'00" (Época 2000). NGC 2867, nebulosa planetaria a 1,2º NNL de Aspidiske (ι Carinae), a súa estrela central é unha estrela de Wolf-Rayet. Gran Nebulosa de Carina (NGC 3372), de magnitude de 6, rodeando a estrela Eta Carinae. AR: 10h 43m 48.0s Dec: -59°52'00" (Época 2000). Cúmulo Theta Carinae (IC 2602), grupo dunhas sesenta estrelas onde θ Carinae é a máis brillante. AR: 10h 43m 12.0s Dec: -64°24'00" (Época 2000). Anana de Carina, pequena galaxia satélite de la Vía Láctea.

Notas

Véxase tamén

400px|miniatura|A desmantelada constelación de Argo Navis

Outros artigos Mitoloxía

Para revisa-la mitoloxía desta constelación, a mellor forma é visita-los ártigos adicados ó mito do navío Argo Navis, mandado facer por Xasón a Argos; navío co don da fala e a profecía que lle serviu a Xasón para ir á busca do vélaro de ouro xunto coa súa tripulación, os míticos Argonautas.

Xasón Argonautas Argo Navis Argos Vélaro de Ouro

Astronomía

Para máis información sobre a desmantelada Argo Navis e ás súas compoñentes revise ós seguintes artigos:

Argo Navis Puppis Pyxis Vela Malus, constelación obsoleta que era parte de Argo Navis, a cal facía referencia ó mastro do navío.

- Ligazóns externas a Argo Navis:

Starry Night Photography : Argo Navis Image Star Tales – Argo Navis

Ligazóns externas

The Deep Photographic Guide to the Constellations: Carina Starry Night Photography: Carina Eta Carina Nebula by Thomas Willig Star Tales – Carina

Categoría:Constelacións Categoría:Constelación de Carina