Croacia () (en croata: Hrvatska ), oficialmente República de Croacia () (en croata: Republika Hrvatska ()), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.

Antigo membro da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 25 de xuño de 1991 Croacia declarou a súa independencia converténdose nun Estado soberano. O 1 de xullo de 2013 Croacia entrou na Unión Europea. Ademais é membro das Nacións Unidas, o Consello de Europa, a OTAN, a Organización Mundial do Comercio e membro non permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas durante o período 2008 e 2009. Croacia está clasificada como unha economía emerxente e en desenvolvemento polo Fondo Monetario Internacional e país de alta renda polo Banco Mundial.

Xeografía miniatura|esquerda|Dubrovnik, a perla do Adriático, centro turístico de Croacia. Croacia atópase na beira nororiental do mar Adriático. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, con Serbia e Montenegro polo leste, e con Bosnia e Hercegovina ao sur e ao leste. Esta república dobra en tamaño a Bélxica, e adopta a forma dun búmerang dende as chairas de Panonia en Eslavonia, a través do centro montañoso, até chegar á península de Istria e a accidentada costa adriática. O extremo meridional da costa croata, incluída a cidade de Dubrovnik, está separado do resto do país por unha saínte de Bosnia e Hercegovina.

A principal atracción turística de Croacia constitúena as súas praias. O país está formado por 1.778 km de liña costeira (5.790 km se se inclúen as illas), con todo, moitas das praias contan con grava branca no canto de area. As illas son consideradas tan belas como as helénicas e existen 1.185, porén só 66 están habitadas. O mar Adriático croata é unha das áreas máis limpas do mar Mediterráneo, e a súa claridade e transparencia fan que cada ano millóns de turistas acudan ás súas costas.

O montañoso Parque Nacional de Risnjak alberga numerosos linces, mentres que os frondosos bosques do Parque Nacional de Paklenica están poboados de insectos, réptiles e aves, entre eles o voitre leonado, en perigo de extinción. No Parque Nacional dos Lagos de Plitvice pódense atopar osos, lobos e cervos. miniatura|230px|Parque Nacional de Plitvice. Patrimonio da Humanidade O clima varía do mediterráneo da costa adriática ao continental do interior. As asolladas zonas costeiras ofrecen veráns cálidos e secos e invernos suaves e chuviosos. As montañas altas da costa actúan de escudo impedindo que cheguen os fríos ventos do norte; isto fai que os croatas gocen dunha primavera temperá e un outono tardío. En Zagreb, as temperaturas medias acadan os 27 °C en xullo e descenden até os 2 °C en xaneiro.

Segundo WWF, o territorio de Croacia repártese entre catro ecorrexións: Bosque tépedo de frondosas Bosque mixto de Panonia, no norte Bosque mixto dos Alpes Dináricos, nos Alpes Dináricos Bosque mediterráneo Bosque caducifolio de Iliria, na costa Bosque mixto e esclerófilo do Tirreno e o Adriático, nas illas do Adriático

Historia

Orixes Os croatas son un pobo de orixe eslava que emigrou dende a rexión onde se atopaba, na antiga Persia, cara a occidente, ao redor do século VI, chegando primeiramente á rexión da actual Polonia. Alí mesturáronse cos eslavos adquirindo a súa lingua e costumes. Posteriormente volveron emigrar e estabelecéronse na actual Croacia durante o século VII.

Idade Media miniatura|Pintura de Oton Ivekovic que representa a chegada dos croatas ao Adriático

A partir do século IX Croacia converteuse nun dos reinos máis poderosos da rexión, combatendo con éxito a ávaros, búlgaros e maxiares e, en 1102, a raíz dunha unión nupcial, os nobres croatas aceptan formar un reino conxunto con Hungría.

Contra mediados do século XIII, o reino húngaro foi fortemente impactado pola expansión otomá, a cal levou ao parlamento croata (savor) a invitar aos Habsburgo, baixo o reinado de Fernando I, a asumir o poder sobre Croacia.

Idade Moderna

O reinado dos Habsburgo combateu con éxito aos otománs e, contra o século XVIII, gran parte de Croacia estaba totalmente libre do control turco, mentres que parte de Dalmacia permaneceu baixo o control de Venecia. En 1868, Croacia gañou autonomía nacional aínda que baixo autoridade húngara.

Idade contemporánea Tras a primeira guerra mundial e a caída do imperio austrohúngaro, Croacia foi integrada no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, o cal, en 1929 foi denominado como Reino de Iugoslavia.

O 29 de outubro de 1918, o Sabor croata declarara a independencia e na súa soberanía manifestou a súa vontade de ingresar no novo Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios para afrontar a ameaza do exército italiano que entraba polo sur e o occidente do territorio.

A negociación finalmente rematou o 23 de novembro de 1918 despois de enviar unha delegación a Belgrado, sendo proclamada a unión co Reino de Serbia o 1 de decembro de 1918. miniatura|220px|O Estado Independente de Croacia, ou Reino de Croacia títere de Italia durante a II GM.

En 1924 unha decisión de apenas a metade máis un dos deputados da Asemblea Nacional iugoslava estipulou na constitución o carácter centralista do estado. Esta decisión propiciada con autoritarismo polo primeiro ministro Nikola Pašić, provocou a oposición dos croatas, os cales loitaron dende entón por restabelecer a súa autonomía, obxectivo central para o Partido Campesiño Croata, conseguido en 1939 cando o seu líder Vladko Maček asinou co goberno do reino o Tratado Cvetković-Maček, que estabeleceu a Banovina (provincia) de Croacia.

Iugoslavia foi invadida por Alemaña durante a segunda guerra mundial e Croacia foi convertida polos nazis no Estado Independente de Croacia. Tras a derrota das forzas do Eixe, Croacia reintegrouse de novo en Iugoslavia, esta vez na República Federal Popular de Iugoslavia, sendo convertida nun estado socialista federal, baixo a dirección de Josip Broz Tito, co nome de República Popular de Croacia (máis tarde, República Socialista de Croacia).

Cando Croacia declara a súa independencia de Iugoslavia en 1991, os habitantes serbios néganse a secundar a secesión da República Federal Iugoslava e, apoiadas polo exército federal iugoslavo, independízanse de Croacia como a República Serbia de Krajina no territorio desa rexión. Tras catro anos de loitas, o goberno croata logra desaloxar a gran parte das forzas serbias estacionadas na Krajina durante a Operación Tormenta. A recuperación polo goberno da Eslavonia Oriental levouse a cabo pacificamente e de xeito negociado con Belgrado en 1998 baixo a supervisión da Organización das Nacións Unidas.

Cara á Unión Europea Croacia solicitou o ingreso na Unión Europea en 2003, e a Comisión Europea recomendou facela candidata oficial a comezos de 2004. As negociacións de entrada comezaron en outubro de 2005, poñéndose en marcha tamén o proceso de investigación. Esperábase que Croacia se adhirira ao redor do ano 2010, pero xurdiron algunhas dúbidas sobre a ampliación da UE despois do rexeitamento de Irlanda ao Tratado de Lisboa nun referendo. Pero tras a aprobación e a entrada en vigor deste tratado este temor pasou, e Croacia puido continuar, e finalizar, con éxito as negociacións.

O intento de adhesión de Croacia foi posíbel debido á consolidación das institucións do país, reforma electoral, incrementos dos fondos para o Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo, e melloras nos dereitos das minorías e o retorno e integración de refuxiados. Así como a solución, na medida do posíbel, dalgún temas de disputa como a cooperación co TPII; os desacordos fronteirizos con Eslovenia, e a propiedade da terra.

O Consello Europeo, no cumio do 20 de decembro de 2004, estableceu o 17 de marzo de 2005 como a data para comezar as negociacións de entrada, sempre que Croacia continuara cooperando co TPII. Pero o 16 de marzo, o día anterior ao do previsto para iniciar as reunións, a UE pospuxo o seu comezo porque o TPII avaliou os esforzos croatas para capturar ao xeneral fuxitivo Ante Gotovina, acusado polo TPII por crimes de guerra e crimes contra a humanidade, como inoportunos e insuficientes. miniatura|150px|Jadranka Kosor, primeira ministra de Croacia.

Resolvidos, ou encamiñados cara á solución, estes problemas, as negociacións para a entrada de Croacia na UE remataron o 30 de xuño de 2011, polo cal entrará a formar parte da UE o próximo 1 de xullo de 2013. Finalmente, o 9 de decembro de 2011, produciuse a sinatura do tradado de adhesión e Croacia converterase, efectivamente, o 1 de xullo de 2013 no 28º membro da UE. "Hoxe Croacia volve ao grupo das nacións europeas, unha familia á que sempre pertenceu", declarou a primeira ministra do país, Jadranka Kosor no seu discurso durante a cerimonia celebrada en Bruxelas.

Tras a firma por parte de todos os líderes europeos, o goberno de Zagreb organizará un referendo nos primeiros meses do ano 2012 para que os croatas dean a súa aprobación ao ingreso na UE, mentres que o resto de Estados membros procederán á ratificación pola vía que marca cada lexislación nacional. Así Croacia será, despois de Eslovenia, o segundo país da antiga Iugoslavia que ingresa na Unión Europea. A partir de xaneiro do 2012 comezou a asistir aos cumios e reunións ministeriais en calidade de observador.Diario El Mundo Consultada o 10/12/2011.

Antes do referendo, os políticos croatas, unanimemente pro europeos, insistiron en que a integración na UE era a decisión máis importante para este país desde a súa independencia.Diario El Mundo, 9/12/2011.

O 22 de xaneiro de 2012 os croatas celebraron o referendo de adhesión que, con escasa participación (o 43,58 %, moi inferior á rexistrada nas eleccións lexislativas celebradas en decembro de 2011), foi aprobado polo 66 % dos cidadáns.univision Croacia respalda adhesión a UE con 66 % de votos en referéndum (oficial) Consultada o 23/1/2012.

O Tratado de adhesión, asinado en decembro por Croacia, foi ratificado por cada un dos 27 Estados membros da UE para concluír a entrada do país no bloque europeo o 1 de xullo de 2013. Tras Eslovenia, en 2004, Croacia foi a segunda das seis ex repúblicas iugoslavas en adherirse á UE.

Croacia ten sete votos no Consello, dun total de 352. O croata recoñécese como lingua oficial da UE, e todos as actas da UE aparecen redactadas igualmente en croata.Cosejo de Europa. Bienvenida a Croacia. Consultada o 15/12/2011.

Política e goberno miniatura|220px|Banski dvori, a residencia do Goberno 220px|miniatura|Croacia divídese en vinte condados e unha cidade Dende a aprobación da década de 1990 da Constitución, Croacia converteuse nunha democracia, tendo entre 1990 e 2000 un sistema de goberno semipresidencialista e dende o 2000 un sistema parlamentario.

O Presidente de Croacia (Predsjednik) é o xefe de Estado, elixido directamente para un mandato de cinco anos, limitado pola Constitución a un máximo de dous. Ademais de ser o comandante en xefe das forzas armadas, o presidente ten o deber de nomear ao Primeiro Ministro co consentimento do Parlamento, ademais de posuír certa influencia na política exterior. A súa residencia oficial é o Predsjednički dvori, ademais de dúas residencias de verán nas illas de Vanga de Hvar.

O Parlamento de Croacia (Sabor) é un órgano lexislativo unicameral (unha segunda cámara, a "Casa dos Condados", fora creada pola Constitución de 1990 mais foi abolida en 2001). O número de membros do Sabor pode variar de 100 a 160, todos eles elixidos por voto popular para un mandato de catro anos. As sesións plenarias do Sabor teñen lugar do 15 de xaneiro ao 15 de xullo e do 15 de setembro ao 15 de decembro.