miniatura|300px|Fronteiras impostas por Alemaña a Rusia en Brest-Litovsk. O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade belarusa de Brest-Litovsk (daquela baixo soberanía rusa, actual Brest) entre o Imperio alemán, Bulgaria, o Imperio Austrohúngaro, o Imperio Otomán e a Rusia soviética.

Consecuencias Tras a revolución bolxevique Lenin decidiu retirar a Rusia da guerra a calquera prezo. Asinouse o tratado de paz de Brest-Litovsk o 3 de marzo de 1918, en virtude do cal Rusia cedía extensos territorios:

No tratado, Rusia Renunciaba a Finlandia, Polonia, Estonia, Livonia, Curlandia, Lituania, Ucraína e Besarabia que, a partir de entón quedaron baixo o dominio e a explotación económica dos Imperios Centrais. Retirábase de Ucraína, e recoñía a súa independencia, e o tratado asinado entre este país e Alemaña o 9 de febreiro de 1918. Entregaba Ardahan, Kars e Batumi ao Imperio Otomán. Finalmente, pagábase unha forte indemnización de guerra.

Con este tratado, Alemaña reforzou a fronte occidental con efectivos orientais.

Porén, o tratado non foi recoñecido polos aliados que, tras a derrota alemá na primeira guerra mundial, anulárono no armisticio de Mudros, asinado o 11 de novembro de 1918.

Case todas as perdas rusas xa foran recuperadas en 1940. Soamente Finlandia e Turquía, sucesora do Imperio Otomán, conservaron os territorios recibidos en Brest-Litovsk."Brest-Litovsk and its consequences" en War and Revolution in Russia 1914 - 1921. BBC. Consultada o 19/03/2014.

Notas

Brest-Litovsk, Tratado de Brest-Litovsk Categoría:1918