Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na súa parte oriental e sobre o Mar Cantábrico. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km².
É cabeza comarcal do val baixo do Asón, e como tal empresta servizos aos concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero etc.).
Xeografía Situado na desembocadura oriental do río Asón, na súa maior parte é un extenso areal de máis de 5 km chamado La Salvé. Porén, a superficie é sobre todo chaira e areosa; aínda que ao seu arredor aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que son frecuentes as fragas de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros, así como vexetación de tipo dunar na área de praia.
Demografía
Economía Economicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da pesca a depender do sector servizos. Dentro deste merece mención especial a hostalaría, á que se dedica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de lecer das numerosas persoas que visitan a vila, designadamente na época do verán. De feito, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.
A industria municipal está baseada na transformación dos produtos pesqueiros, en especial da transformación do bocareo en anchoa, e máis nas pequenas empresas familiares. O sector primario, por contra, foi perdendo importancia, aínda que polo de agora son moitos os laredanos que se dedican a este tipo de labor.
Patrimonio cultural A súa historia vén definida polo antigo esplendor como localidade vencellada ao Mar Cantábrico. Dentro do seu núcleo urbano son correntes as casas soaregas brasonadas e numerosos os centros relixiosos, entre os que cómpre destacar a igrexa gótica de Santa María da Asunción (século XIV).
Localidades La Arenosa El Callejo Las Cárcobas Las Casillas Laredo (Capital) La Pesquera Tarrueza Villante
Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Laredo
Categoría:Localidades do Camiño do Norte