Jacques Mieses, nado en Alemaña probablemente o 27 de febreiro de 1865 e finado probablemente en 1954, foi un xogador de xadrez e escritor.

Traxectoria De orixe xudía, trasladouse a Inglaterra para escapar da persecución nazi da década de 1930. Alí transformouse no primeiro Gran Mestre Internacional británico en 1950. Foi un atacante perigoso cun número de brillantes vitorias, entre as que destacaron as que tivo fronte a Frank Marshall en Monte Carlo en 1903Jacques Mieses vs Frank Marshall en Monte Carlo, 1903, 1-0.

Preparou o torneo de Donostia de 1911 e insistiu en que todos os gastos dos mestres fosen debidamente pagados pola organización. Esta foi a primeira competencia internacional de José Raúl Capablanca, que tivo un cómodo triunfo.

Mieses escribiu varios reportes de torneos, pero o seu estilo é considerado como opaco, en contraste co seu carácter como persoa e a súa brillante actuación como xadrecista. Utilizou a miúdo a Defensa escandinava, e en gran medida desenvolveu a súa teoría a principios de 1900.

Cando a FIDE concedeu os primeiros títulos de gran mestre en 1950, foi un dos 27 recibidores orixinais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Oxford Companion To Chess. Hooper, David e Kenneth Whyld, Oxford University, 1996. ISBN 0-19-280049-3

Categoría:Xadrecistas de Alemaña Categoría:Xadrecistas de Inglaterra Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Nados en Leipzig Categoría:Xadrecistas do século XIX Categoría:Xadrecistas do século XX