En el nombre del cerdo é a segunda novela de David Homedes Cameo, publicada en 2006 co pseudónimo de Pablo Tusset.
Trama
Trata de dúas historias entrelazadas. A dun comisario que investiga unha morte nun matadoiro, e a de T, outro policía que escapa a Nova York e posteriormente escapa de alí, e remata investigando o primeiro caso ó ir vivir á aldea onde ocorreu.
Máis alá da trama, o autor fala da vida desde a perspectiva do comisario, de 65 anos, e desde a de T, de 43. O comisario é feliz, e busca unha nova mocidade, pero un accidente trunca as súas ilusións. T escapa de si mesmo, non atopa a felicidade. Está cheo de medos e non logra ter estabilidade. Ó final desdóblase nunha especie de Mr. Hyde e Dr. Jeckyill. É un antiheroe, con moitas actitudes inmaturas e reprochables, que non chega a ser admirado por ninguén.
Máis que un relato policial é unha novela negra, con forte carga de retrato social (Barcelona-Nova York-San Juan de Horlà). Fai moita referencia á psicoloxía dos psicópatas e psicóticos, e algúns parágrafos sobre a vida e a morte.
Os habitantes da aldea divídense en forasteiros e autóctonos. Algúns dos forasteiros, personaxes secundarias, son moi interesantes e teñen conversas moi útiles, pois teñen diversas procedencias e dan diferentes puntos de vista. No penúltimo capítulo, coa escusa de que o protagonista está alucinando co estramonio, o autor desvaralla demasiado, e o final non está nada claro, un "lado escuro" que deixa portas abertas á imaxinación do lector. Ten tamén moitas referencias musicais, e literarias, desde Gustave Flaubert a Guy de Maupassant.
Véxase tamén Ligazóns externas ficha en Destino
Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 2006