Para outros personaxes do mesmo nome ver Gaitelgrima.

Gaitelgrima de Salerno (coñecida tamén como Altrude), nada en 1026 e finada en 1051, foi unha princesa longobarda. Traxectoria Filla de Guaimaro III de Salerno e Gaitelgrima, irmá de Guaimaro IV de Salerno, Guido de Sorrento e Pandulfo de Capaccio, no 1047 casou con Drogón d'Altavilla, primeiro conde de Puglia e Calabria. O seu marido morreu nunha conxura poucos anos despois, no 1051, despois de Gaitelgrima ter dado a luz un fillo, Ricardo.

Xa viúva, en segundas nupcias converteuse en muller do irmán e sucesor de Drogón, Umfredo d'Altavilla. Do matrimonio naceron dous fillos homes, Abelardo e Ermanno d'Altavilla.

Categoría:Normandos na Italia meridional Categoría:Príncipes de Salerno Categoría:Nados en 1026 Categoría:Finados en 1051