A. Roque Cameselle Capón, nado en Vigo en 1981, é un escritor e director de cinema galego.
Traxectoria Vive en Tui desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, foi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia, e Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldado sen fortuna (2001) e Amor a Mantis (2003).
No 2011 estreou no Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana unha película de animación titulada The little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela Bieito Dubidoso.
Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama O diario de Berto.
Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
Como narrador publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001), e a novela Bieito Dubidoso (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos. Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.
Obras Narrativa O Pausiñas, 2001, Galaxia.
Literatura infanto-xuvenil Bieito Dubidoso, 2003, Xerais. O pequeno mago, 2013, Xerais.
Obras colectivas Ata que malle en min o mencer, 1998. IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos, 2001. A memoria de Tui, 2002, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez. Nun edificio e catro contos máis, 2002. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Filmografía como director e guionista Memoria Indesexable, Curtametraxe - 1998. A moza do último, Curtametraxe - 1999. Soldado sen fortuna, Curtametraxe - 2001. Amor a Mantis, Curtametraxe - 2003. O diario de Berto, Capítulo Piloto - 2008. O pequeno mago, Longametraxe - 2013.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981