miniatura|dereita|300px|Alfombra vermella en Hollywood and Highland, en febreiro de 2009 (81ª cerimonia). Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.
Cerimonia
Primeira cerimonia miniatura|Primeira cerimonia dos oscars en 1929 Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.
A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade. Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.
Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.
Cerimonias A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.