Xaime Isla Couto,Fundación Isla CoutoVV.AA. (1996). Homenaxe a Xaime Isla Couto Galaxia.Isla Couto, Xaime (1992). Construír Galicia, Trasalba-Ourense, Fundación Otero Pedrayo. ISBN 84-604-3241-6.VV.AA. (2005). Revista Grial número 207 . Editorial Galaxia.Biblioteca Nacional de España (datos) tamén coñecido como Xaime Illa Couto, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 25 de abril de 2012, foi un intelectual e economista galego.

Traxectoria miniatura|300px|SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán Naceu na praza de San Miguel, fronte a San Martiño Pinario, fillo dunha familia humilde. O seu irmán Ramiro foi unha importante influencia dado que focalizou nel as súas propias inquedanzas intelectuais que el mesmo tivera que abandonar para axudar a soster a familia. De pequeno trasládase a Vigo onde realizará a maior parte da súa carreira. Participou no Seminario de Estudos Galegos, de onde lle vén a preocupación económica, xa que foi encargado por Xosé Filgueira Valverde para preparar sistematicamente o traballo do Departamento de estudos económicos, xurídicos e sociais do Seminario. Tamén participou na creación da Federación de Mocedades Galeguistas xunto a Francisco Fernández del Riego. Rematou os estudos de Maxisterio en 1936,El Noticiero Gallego, 4-6-1933, p. 5. e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego como alumno en prácticas. Foi reposto en abril de 1938.Diario de Pontevedra, 2-4-1938, p. 2.

Xa no Franquismo foi un dos promotores da Editorial Galaxia en 1950, da que foi presidente do Consello de Administración. Tamén das revistas Grial e da Revista de Economía de Galicia. Durante o franquismo fundou unha editorial católica e galeguista: a SEPT. O 25 de xullo de 1969 foi detido á saída da Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval por berrar "Viva Galicia ceibe!".

Foi un dos fundadores do Partido Popular Galego, partido nacionalista de centro de inspiración demócrata cristiá que na transición política española procurou gañar as clases medias e a sectores intelectuais á causa do galeguismo e á construción dun Estado federal. Nas primeiras eleccións da democracia encabezou a candidatura ao Congreso dos Deputados da coalición Equipo Democracia Cristiá e Social Democracia Galega, pero non foi elixido.

O 31 de decembro de 1987 xunto con Cristina Nóvoa Pedreira, Manuel Isla Couto e Celso Isla Couto constituíron a Fundación Isla Couto en lembranza do seu irmán Ramiro Isla Couto.

Foi membro de número da Real Academia Galega. Ingresou o 29 de xaneiro de 1999, máis dunha década despois de que fose proposto por Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Isidro Parga Pondal, coa lectura do discurso Economía, linguaxe e poder. Foi galardoado coa medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia en 1987, co Premio Trasalba en 1992 e co Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no 2010.

Traxectoria intelectual Xaime Isla Couto representou senlleiramente un exemplo de home de ampla creatividade e emprendemento social e cultural, definido por Benxamín Casal coma a «a imaxinación creadora do galeguismo». Mestre frustrado pola depuración e a represión posterior á Guerra Civil, avogado, profesor universitario..., o seu carácter polifacético e autodidacta reflíctese na súa obra –espallada en artigos, comentos, editoriais, entrevistas en diferentes publicacións-, mais coa preocupación central verbo dos problemas económicos e sociais de Galicia, xunto co seu compromiso democrático e cristián.

Xaime Isla representa o «pulo ideativo» tanto inicial da Editorial Galaxia (1950), coma de iniciativas nadas ao abeiro do proxecto xeracional: a Revista de Economía de Galicia (1958), a editorial SEPT (1965), a Revista Galega de Estudios Agrarios (1979) ou o Instituto Galego de Estudos Comunitarios (1987).

Toda a súa vida estivo presidida polo mandato íntimo de «repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia». Fundador da Federación das Mocedades Galeguistas (1932), membro dos equipos de traballo do Seminario de Estudos Galegos (1935-1936), e secretario técnico do Partido Galeguista na clandestinidade na década de 1940, representa, o mesmo que Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, a continuidade co galeguismo da xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos, así coma a cerna humana da tarefa da Xeración Galaxia de garantir e fornecer a transmisión xeracional da conciencia de Galicia.

Un pensamento aberto e de avanzada

Xunto co compromiso galeguista, a vida intelectual de Xaime Isla Couto caracterizouse pola súa inesgotable curiosidade intelectual. As súas inquedanzas estendéronse ao eido de tódalas Ciencias Humanas e Sociais. Malia que a reflexión económica ocupou un lugar sobranceiro entre os seus intereses, estes non se limitaron a esta tenza, senón que tentou traballar de xeito incansable pola mellora da sociedade, da economía, das ciencias sociais e da cultura galega. Este amplo abano de eidos de inquedanza vital plasmáronse nun pensamento aberto á novidade e aos avances intelectuais, nun senlleiro agarimo pola interdisciplinariedade e pola asunción da complexidade do real, e nun esforzo por arredarse das «etiquetas» e dos reducionismos ideoloxizantes.

Isto non quere dicir que Xaime Isla non tivese definidas as súas posturas e influencias, mais sempre desde o respecto cordial pola opinión do outro, aínda que rexeitase o totalitarismo das ideoloxías e a imposición violenta. A súa «voracidade» intelectual e o seu autodidactismo levárono a non ficar de estar ao día das novidades culturais, sociais, políticas..., deica os últimos anos da súa vida intelectual activa, en que centrou as súas angueiras nas relacións Ciencia-Relixión e nas modernas formulacións do Desenvolvemento Comunitario-Local, entre outras.

Orientación vocacional A primeira orientación vital cara ao galeguismo militante de Xaime Isla recibiuna do seu irmán Ramiro Isla Couto, emigrado en Buenos Aires, e activista galeguista –fundador da revista Terra, membro da Sociedade Nacionalista Pondal, redactor do seu xornal A Fouce...- co cal mantivo unha temperán relación epistolar na cal Ramiro levou a cabo unha «pedagoxía epistolar» descubríndolle ao seu irmán a conciencia de Galicia e o galego como idioma.

miniatura|300px|Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia, en Salcedo, Pontevedra. A orientación vocacional de Xaime Isla Couto cara á economía naceu no seo dun movemento xuvenil chamado Ultreya. Estes grupos xuvenís foron fundados por Álvaro de las Casas - catedrático no Instituto de Noia, poeta e loitador- que, coa colaboración de universitarios e profesores mozos –coma Ramón Martínez López, Filgueira Valverde, Fernández del Riego...-, promoveron este movemento de «educación patriótica» semellante aos que tiñan grande actividade na Europa daquela e en España –coma o Palestra en Cataluña. O obxectivo era fornecer nos rapaces o seu ligamento coa terra e cos valores máis significativos da comunidade. Xaime Isla Couto atribuíu a súa descuberta de Galicia ás actividades deste grupo xuvenil: viaxes de estudo, viaxes a pé, esculcas e contactos coa xentes do campo, estadías e visitas na Misión Biolóxica de Galicia. Precisamente, nunha estadía na Misión Biolóxica de Galicia, na Granxa de Salcedo en Pontevedra, durante unha semana de marzo do 1932, espertou nel:

Unha nova vocación ao mostrarme o valor estrumental da economía e da técnica pra liberar o home, singularmente no meu caso, o home galego, primixenio, o da miña estirpe, o labrego.

Aquí detectamos dous aspectos que se van manter no futuro: as arelas emancipadoras e mais o valor instrumental da economía. O contacto coa Misión Biolóxica non se perdería ao longo dos anos, e de feito, vinte e cinco anos despois, na primavera do 1957, na Granxa de Salcedo, co seu director Cruz Gallástegui Unamuno e co seu adxunto, Xosé L. Blanco González, xunto cos «galaxiáns» García Sabell, Ramón Piñeiro, Paco del Riego, Río Barja e o mesmo Isla Couto, se proxectou a Revista de Economía de Galicia. De feito, Gallástegui e Blanco González foron membros do Consello Fundador e de Dirección da Revista de Economía de Galicia. Esta inclinación vocacional medrou coas conversas con Alexandre Bóveda no local do Partido Galeguista en Pontevedra.

Outro feito que marcou a vocación de Xaime Isla Couto foron as campañas de investigación colectiva do Seminario de Estudos Galegos -coma bolseiro da Sección de Estudos Xurídicos, Económicos e Sociáis. Estas campañas tiveron lugar no 1935 nas Terras do Deza –da man de Bibiano Fernández Osorio-Tafall-; e no 1936 –á beira de Ramón Otero Pedrayo- na comarca de Fisterra. O obxectivo desta formación era a preparación dunha Enquisa para o estudio social i económico da Parroquia galega e dun Manual de Institucións para o seu emprego por universitarios escolares de toda Galicia, proxectos frustrados polo comezo da Guerra Civil. Porén, a súa orientación vocacional cara á economía xorde grazas ao galeguismo, en concreto, do contacto cos membros da xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos, a quen recoñece coma mestres e os cales mantiveron a súa ascendencia no futuro no seo da Editorial Galaxia. O compromiso galeguista e a toma de conciencia dos problemas sociais, económicos e políticos de Galicia fixéronlle descubrir a necesidade de elaborar e crear:

unha economía propia, un pensamento económico propio, axeitado a unha realidade distinta que esixe un estudo, un tratamento e unha política particular. Somentes a partir de aquí (dun pensamento económico propio que mirase os problemas dende dentro deles) poderíanse artellar solucións axeitadas ó futuro.

Estas intuicións madurecidas atoparon a súa expresión máis sobranceira na publicación da Revista de Economía de Galicia, a partir do ano 1958 deica o 1968.

Veciñanzas intelectuais Xaime Isla Couto caracterizouse pola apertura do seu pensamento. De tódolos xeitos, entre o «manancial» de ideas que acolleu á hora de ir configurando o seu «estilo de vida» intelectual no eido económico, un bo feixe delas son recoñecidas por el mesmo como centrais á hora de tecer as guías desta trama. Neste senso as principais achegas intelectuais ao pensamento e obra de Xaime Isla foron: a economía social de mercado, o pensamento económico alemán (Wilhelm Röpke), o Institucionalismo, o Personalismo comunitario (Emmanuel Mounier, Jacques Maritain)e mais o grupo de Economía e Humanismo (Luis Lebret).

A economía social de mercado Nos editoriais da Revista de Economía de Galicia, Xaime Isla plasmou o seu rexeitamento das concentracións monopolistas; defendeu a liberdade na produción, consumo e traballo fronte ao dirixismo intervencionista extremo; e reivindicou unha política social e económica que minguase as desigualdades sociais.

O pensamento económico alemán Xaime Isla amosouse, ao igual que Wilhelm Röpke (1899-1966), partidario dun «terceiro camiño», un termo medio entre o capitalismo no seu funcionamento perfecto e o estatismo extremo, xa que ámbolos dous mirran o libre xogo das forzas sociais e económicas.

O institucionalismo