Este artigo trata sobre o matemático, para o filósofo da escola cirenaica vexa Teodoro o Ateo. Teodoro de Cirene, (465 a.C.-398 a.C.) foi un filósofo e matemático grego, nado en Cirene (hoxe en día Shahhat, Libia), desenvolvedor da teoría dos números irracionais.
Traxectoria Alumno de Protágoras e un dos profesores de Teeteto e Platón, viviu a maior parte da súa vida en Atenas, onde tivo contactos con Platón, quen lle consagrou o seu diálogo Teeteto'' (Teeteto era discípulo de Teodoro), e Sócrates. Traballou en campos tan diversos como a filosofía, a astronomía, a aritmética, a música e a educación.
miniatura|200px|Os primeiros pasos da espiral de Teodoro de Cirene. Pitagórico, cría que a alegría e o xuízo eran a base para chegar á felicidade. É coñecido sobre todo polo seu traballo matemático, onde probou a irracionalidade das raíces dos números enteiros non cadrados (2, 3, 5...) polo menos até 17 a base do método tradicional pitagórico de usar a redución ao absurdo e chegar a unha inconsistencia relacionada con pares e impares. Tamén desenvolveu a espiral que leva o seu nome usando o Teorema de Pitágoras e engadindo perpendicularmente a un segmento unha unidade o que forma triángulos cunhas hipotenusas que son as sucesivas raíces graficamente. Faleceu en Cirene.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A espiral de Teodoro de Cirene
Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Nados en -465 Categoría:Finados en -398 Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade