Carlos Barros Guimeráns, nado en Vigo o 3 de xullo de 1946, é un historiador galego especialista en historia medieval de Galicia.
Traxectoria Carlos Barros estudou na súa cidade natal e en Madrid enxeñería técnica industrial, nesta última cidade comezou a militar no PCE (1968) e ao remate dos seus estudos e a volta a Galicia no PCG, partido do que foi membro do seu comité central e secretario de relacións políticas. Foi detido en Ourense en maio de 1971 acusado de asociación ilícita e posto a disposición do Tribunal de Orde PúblicaLa Vanguardia, 26-5-1971, p. 11.. Nas eleccións de 1977 foi o número dous da candidatura do PCE pola provincia de Pontevedra, pero non resultou elixido.El Pueblo Gallego, 13-4-1977, p. 13. Licenciouse en Xeografía e Historia en 1986, e obtivo en 1988 o doutoramento coa tese, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios. Exerce como profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela dende 1990.
Obras historiográficas A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988. Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990. . ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996. Historiografía fin de siglo, Santiago de Compostela, 1996.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web de Carlos Barros Curriculum en Historia a Debate Autobiografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medievalistas