Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 viviu e traballou en Bruxelas ata a súa xubilación. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras, no semanario A Nosa Terra, e na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Desde xaneiro de 2020 mantén unha colaboración semanal no único diario editado en papel na Galiza, Nós Diario.

É membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Foi membro da Comisión de Exterior do Consello da Cultura galega até a súa disolución en 2019. Membro da Asociación de Escritor@s en Lingua galega e dos PEN Clubs de Galiza e Flandres. Membro do ‘Collectif des poètes de Bruxelles’ e do Brussels Writers Circle.

Obra Narrativa Ártico e outros mares (1990). Ed. Positivas. 2ª edición ampliada: 2011, Galaxia, 164 páxs. ISBN 978-84-9865-369-4. Traducido ao portugués como Árctico e outros mares (1998, Felício e Cabral, Porto) e Ártico (2009, Livros do dia, Torres Vedras).. Narrativa breve. Diarios dun nómada (1993). Santiago: Positivas. 220 páxs. ISBN 978-8487783227. Ringside (1993). Santiago: Sotelo Blanco. 148 páxs. ISBN 9788478241866. Relatos. Mundiños, microfichas (1996). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-83020791. O paso do noroeste (1996). Santiago: Sotelo Blanco. En 2021: Aira Editorial, 204 páxs. ISBN 978-84-122631-7-6. Traducido ao castelán como Las aventuras del capitán Duchesnoy (2008, Ézaro).

O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy (2023). Novela gráfica con Primitivo Marcos. Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-035-5. Manual de instruccións (1999). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 9788483024485. Relatos breves. Malaria sentimental (1999). Santiago: Sotelo Blanco. 186 páxs. ISBN 978-8493566364. Traducido ao castelán como Malaria sentimental (2009, Edicións Brinte, Santiago). Novela. Papaventos (2001). Vigo: Xerais, en 2002 publicado na Biblioteca Galega 120). 200 páxs. ISBN 978-84-8302-617-5. Traducido ao portugués como Bebendo o mar (2003, Deriva editores) e ao inglés. Novela. O ladrón de esperma (2001). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 9788483027295. Traducido ao castelán en como El ladrón de esperma (2010, Meubook). 5 Relatos. Os ciclos do bambú (2004).Vigo: Galaxia, Illa Nova. 128 páxs. ISBN 978-84-8288-748-7. Traducido ao portugués como Os ciclos do bambu (2005, Deriva editores). O antigo imperio do Vietnam, os costumes funerarios de Bombai, os soños dun lama ou o metro de Hong-Kong, como escenario da perda da identidade. Dragona (2007). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9782-490-3. Traducido ao portugués (2008, Deriva editores), ao castelán (2026, Guiverny). Extramunde (2011). Vigo: Xerais. 376 páxs. ISBN 978-84-9914-301-9. ePub: ISBN 978-84-9914-418-4. Novela. 55 (2014). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-9914-698-0. ePub: ISBN 978-84-9914-724-6. Unha colección de 55 relatos para celebrar o 55 aniversario da súa vida. Os kowa (2016). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-9865-681-7. Traducido ao castelán. Novela. Corazón de manteiga (2020). Vigo: Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9151-489-3. Novela. Final feliz (2022). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-050-2. ePub: ISBN 978-84-1110-056-4. Relatos. Algoritmos (2022). Vigo: Galaxia. 170 páxs. ISBN 978-84-9151-915-7. Estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propios algoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas, difíciles de clasificar. Tamarindo (2025). Allariz: Aira. 144 páxs. ISBN 978-84-129879-6-6. 66 (2025). Vigo: Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-1110-696-2. Relatos.

Poesía Nos dominios de Leviatán (2001). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-069-1. Glosarios (2004). Culleredo: Espiral Maior. 116 páxs. ISBN 9788489814158. Pegadas (2006). Volume 18 da colección Poeta en Compostela de El Correo Gallego. ISBN 978-84-8064-166-1. Home invisible (2017). A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-697-7052-8. Minutos para medianoite (2019). Vigo: Galaxia. 92 páxs. ISBN 978-84-9151-349-0. Con Ramón Neto.

Literatura infanto-xuvenil O espello e o dragón (2005). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Maite Ramos. 59 páxs. ISBN 9788497822763. Saladina (2007). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 100 páxs. ISBN 978-84-9865-024-2. A illa dos cangrexos violinistas (2009). Pontevedra: Oqo Editora. Traducido ao castelán como La isla de los cangrejos violinistas (2009, Oqo), ao francés como L’île aux crabes violonistes (2011, Oqo), ao portugués como A ilha dos caranguejos violinistas (2011, Oqo), e ao italiano como L’isole dei granchi violinisti (2011, Logos).

Ensaio Olladas oceánicas na arte contemporánea (2003). Caderno da Revolución Cultural (2007). Santiago: Laiovento. 132 páxs. ISBN 978-84-8487-122-3. Reúne as súas colaboracións no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. Felices e diferentes (2009). Santiago: Laiovento. 214 páxs. ISBN 9788484871620. Reúne as súas colaboracións entre outubro de 2006 e outubro de 2008 no programa Diario Cultural que Ana Romaní dirixiu na Radio Galega. Contornos. Apuntes de filosofía natural (1995). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-75078939. Traducido ao francés como Chroniques animalières, notes de philosophie naturelle (2011, Les Hauts-Fonds éditions, Brest). Microensaios. Cartas marcadas (2010). Vigo: Galaxia, Illa Nova. 192 páxs. ISBN 978-84-9865-269-7. Textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega.

Traducións O meu criado e mais eu. Citomegalovirus, de Hervé Guibert (1998). Con Santiago Lopo. Xerais. A viaxe de Baldassare de Amin Maalouf (2000). Con María Dolores Torres París. Xerais. Tifón de Joseph Conrad (2003). Sotelo Blanco. Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009). Galaxia. Ulises de James Joyce (2013). Con Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Antón Vialle. Galaxia. Cidade de Cristal, de Paul Karasik e David Mazzucchelli (2014). El Patito Editorial. Aventuras de Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (2015). El Patito Editorial.

Obras colectivas O xardín das ideas circulares, en Berra liberdade (1996, Galaxia). Nove metraxes, en Narradores de cine (1996, Xerais). A casa da tinta, en Unha liña no ceo (1996, Xerais). Poesía no autobús, en Mini-relatos (1999, Libraría Cartabón). A illa dos lemures en Materia prima (2002, Xerais). Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG). Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006, Consello da Cultura Galega). 20 Gedichte aus Galicien (2007, Espiral Maior e Xunta de Galicia). Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand). Onde o mundo se chama Terranova (2008, Museo do Mar de Galicia). Poetes gallecs d'avui: antologia (2008, Llibres del Segle, Xirona). Entremiradas II Galicia-Cuba (2009, Xunta de Galicia). De europese grondwet in verzen (2009, Passaporta, Bruxelas e Anveres). Hai traducións ao francés, La constitution européenne en vers, e ao inglés, The European Constitution in verse, as dúas en 2009, Passaporta. Finalista do Prix du Livre Européenne 2009. Hotel Vermar (2009). Antoloxía bilingüe portugués-alemán. Breogan’s lighthouse, a bilingual anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle Publishers). Edición bilingüe galego-inglés. Verdades de plastilina (2010, Xunta de Galicia, colección Lagarto Pintado). Con Yolanda Castaño, Jacobo Fernández Serrano e Charo Pita. Hurray for delay! (2011, Brussels poetry collective e Passaporta, Bruxelas). Poetas d’Orfeu (2011, Orfeu, Bruxelas). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos). Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais). Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017, Alvarellos).

Performances Unha noite con Carpentier, textos de Alejo Carpentier e Xavier Queipo e música de dj MisterChoco Xavier (2000, Pontevedra e 2004, Vigo). Zennescènes, organizado por het beschrij e Entrez Lire. Textos de Xavier Deutsch, Paul Boagaert, Xavier Queipo, Layla Nabulsi e Yves Petry, vídeo de Walter Verdin (2007, Libraría Passaporta, Bruxelas). Maratón Kafka (2008, Libraría Passaporta, Bruxelas). The European Constitution in verse, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2009, Teatro Flagey, Bruxelas). Maratón Hugo Claus (2009, Libraría Passaporta, Bruxelas). Street Art Performance, Colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (2009, Festival Intraliteratuur, Bruxelas). La Constitution eureopéenne en vers, Brussels Poetry Collective (2010, Teatre Varia, Bruxelas). The European Constitution in verse, teatro KVS, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2010, Bruxelas). The European Constitution in verse, dialogues, Brussels Poetry Collectif (2011, Theatre Royale de la Monnaie, Bruxelas). Hurray for Delay!, Poesía no tren (2011, Festival Passaporta, Bruxelas). O embigo do mundo, colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (outubro de 2011, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, e Museo do Mar de Galicia, Vigo).

Colaboración con outros artistas Álbum Esbirros, debuxos de Isaac Pérez Vicente e textos de Xavier Queipo (1994, Vigo). Guión de Casa tomada, en colaboración con Carlos Santiago, para o conxunto de vídeos Hai que botalos (2005, Santiago). Álbum de fotografía Seales: caso pechado, de Cé Tomé, con textos de Xavier Alcalá, Xabier P. DoCampo e Xavier Queipo, edición en galego e inglés (2008, Editorial Brinte, Santiago). Textos para as instalacións de Eric Adam, Eric in a Fake Empire (2010, La Raffinerie, Bruxelas). Letrista para o grupo Ialma, no seu disco Simbiose (2011, Bruxelas).

Premios Premio da Crítica española no 1990, por Ártico e outros mares. 1991: Premio da Crítica española Premio García Barros no 1996, por O paso do noroeste. Premio Café Dublín no 1999, por O ladrón de esperma. Premio Xerais no 2011, por Extramunde. Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, pola traxectoria da súa obra. Premio Arcebispo San Clemente no 2012, por Extramunde. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido no 2013, por Ulises, de James Joyce. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro traducido en 2013, por Ulises, de James Joyce. Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013, por Ulises, de James Joyce. Premio da AELG á mellor tradución do 2013, por Ulises, de James Joyce. Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura en 2014, por Ulises, de James Joyce, en colaboración) e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez. Premio Blanco Amor no 2015, por Os kowa. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2016, por O home invisible. Premio de novela Vilar Ponte no 2024 por Tamarindo''.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas web de Xavier Queipo na Biblioteca Virtual Galega. Perfil en As escollas electivas