Manuel Estiarte Duocastella, nado en Manresa o 26 de outubro de 1961, é un xogador español de wáter-polo.

Traxectoria Manuel Estiarte Duocastella naceu en Manresa, Barcelona, sendo considerado un dos mellores xogadores de wáter-polo de tódolos tempos. Comezou neste deporte en 1975, no Club Natació Manresa.En 1980, con 19 anos de idade debuta nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, onde chegou a acadar o título de máximo goleador do torneo. Título que repetiu nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles e nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl. En total participou en seis Xogos Olímpicos, en 1980, 1984, 1988, 1992, 1996 e 2000, nos que marcou un total de 127 tantos.

Dende o ano 2000 e 2006 foi membro do Comité Olímpico Internacional e no ano 2001 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.

Clubs Club Natación Manresa (1975 – 1979), Club Natació Barcelona (1979 – 1985 ), Pallanuoto Pescara (1986 – 1989 / 1992 - 1999), Rari Nantes Savona ( 1989 – 1991), Club Natació Catalunya (1991 – 1992), Club Natació Atlètic-Barceloneta (1999 – 2000)

Palmarés A nivel de club Copa de Europa: 2 (1982, 1987) Recopa de Europa: 3 (1992, 1993, 1994) Copa LEN: 1 (1996) Supercopa de Europa: 4 (1982, 1988, 1992, 1993) Liga española: 5 (1980, 1981, 1982, 1983, 1992) Copa española: 1 (1992) Liga italiana: 4 (1987, 1991, 1997, 1998) Copa italiana: 5 (1986, 1989, 1990, 1991, 1998)

A nivel nacional Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Perth 1998 Medalla de prata no Campionato do Mundo de Perth 1991 Medalla de prata no Campionato do Mundo de Roma 1994 Medalla de prata no Campionato de Europa de Atenas 1991 Medalla de bronce no Campionato de Europa de Shefield 1993 Medalla de bronce na Copa do Mundo FINA 1985 Medalla de bronce na Copa do Mundo FINA 1991 Medalla de bronce na Copa do Mundo FINA 1999

Véxase tamén Outros artigos Wáter-polo Liga Española de Wáter-polo Ligazóns externas Fundación Príncipe de Asturias

Categoría:Xogadores de wáter-polo olímpicos de España Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Nados en Manresa Categoría:Nados en 1961 Categoría:Medallistas olímpicos en wáter-polo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Deportistas de Cataluña