Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936 e finado o 5 de abril de 2026, foi un aparellador e escritor galego.
Traxectoria Estudou Arquitectura técnica na Escola Politécnica de Barcelona. Foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona (1959-1962) e presidente da Agrupación Cultural O Facho (1966-1979). Exerceu a docencia na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña entre 1975 e 2000. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Galego. Tamén foi conselleiro da Editorial Galaxia (1972-1986) e SEPT (1969-1975), promotor e presidente da Sociedade Cultural Escola Aberta (1978-1986), membro fundador de ADEGA en 1976, da Fundación Castelao en 1983 e das revistas Teima e Tempos Novos, en 1976 e 1997, respectivamente. Colaborou con artigos asiduamente en La Voz de Galicia. Tamén foi membro da Fundación Pedrón de Ouro.
Obras Ensaio Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica. Colectiva, canda Xosé Manuel Rodríguez Pampín, SEPT, 1980 Sobre Galicia como responsabilidade, Ediciós do Castro, 1988. A casa popular, Cadernos do Museo do Pobo Galego, 1999. As construccións adxetivas, Cadernos do Museo do Pobo Galego, 1999. As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia, 2003, Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos. Dun tempo e dun país, Laiovento, 2006.
Obras colectivas 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990. Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.
Premios Premio Antón Losada Diéguez de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Premio da Crítica Galicia de investigación en 2004, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Premio San Martiño, da Asociación 'O Brado' (A Estrada), no 2004, pola defensa e promoción do idioma galego. Premio Pendello de Honra, da Asociación de Amigos dos Pendellos de Agolada, no 2005, por As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Premio Moncho Valcarce de Promoción da Terra (A Coruña), no 2008- Medalla Manuel Gómez Román, da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda Setestrelo, pola súa contribución a crear no País un clima propicio para a recuperación dos nosos valores arquitectónicos tradicionais, en outubro do 2010. Premio Sereo da Cultura Galega outorgado pola Asociación Cultural Barbantia, decembro do 2021.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Manuel Caamaño Suárez en Galegos.info
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Noia Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en 2026