O río Seille é un afluente pola dereita do río Mosela, co que conflúe en Metz.

A súa fonte sitúase no estanque de Lindre, do departamento francés de Mosela. Rega as terras deste departamento e máis as do Meurthe facendo nun tramo de lindeiro entre ámbolos dous.

A súa conca ten unha superficie total duns 12.914 quilómetros cadrados e posúe unha lonxitude de 118 quilómetros.

É un río de augas preguiceiras, lento, vagaroso, de xenerosas enchentes aproveitadas para uso agrícola.

Tentouse facer navegábel nos séculos XVIII e XIX, pero nunca se chegou a bo porto en ningún dos séculos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre o río Seille en francés

Seille, río Categoría:Afluentes do Mosela