Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.

Biografía Fillo de Francisco Martos Bustos e de Rafaela Sánchez, marchou a Madrid coa súa familia con nove meses de idade. Comezou a súa carreira como cantante aos tres anos, recibindo o sobrenome do "Ruiseñor de Linares" e "El Niño de Linares". Un ano despois uniuse a un coro infantil e aos nove anos foi recoñecido como a mellor voz infantil de Europa no Festival de Salzburgo, Austria.

Categoría:Cantantes de España Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Linares, España