Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia inglesa: /pʊl ən ˈbɛər/; pronuncia galega: /pul am ˈbear/; en galego: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e o seu centro loxístico atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.

Historia miniatura|esquerda|Antigo logotipo de Pull and Bear. A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.

Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.

300px|miniatura|Tendas e franquías de P&B. No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un grande éxito e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.

En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado"Un juez archiva una denuncia de plagio de Christian Dior contra Inditex" , artigo en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2003.. Pull&Bear chegou a un acordo coa empresa británica Asos para iniciar a principios de 2014 a venda dos seus produtos na súa plataforma online.

Tendas thumb|100px|Tenda de P&B en Ámsterdam. Tendas Pull & BearTotal970 278 599

A finais de 2012 Pull&Bear tiña 816 tendas. En outubro de 2013 Inditex anunciou a ampliación das instalacións de Pull and Bear en Río do Pozo coa construción dun novo edificio para os departamentos creativos e de xestión da marca. O edificio ten 15.000 metros cadrados en dúas plantas e custou 20 millóns de euros, sumando así 70.000 metros.

En 2016 iniciou o patrocinio deportivo co Pantín Classic e Marc Márquez.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina web de INDITEX

Categoría:Inditex Categoría:Narón Categoría:Empresas téxtiles