dereita|miniatura|300px|Lago Volaia, Alpes Cárnicos. Os Alpes Cárnicos (en italiano: Alpi Carniche) son unha cordilleira dos Alpes Calcáreos do Sur, nos límites do Tirol Oriental, Carintia e Friúl, entre Austria e Italia. Esténdense de leste a oeste uns 100 km, entre os ríos Drava, Gail e Tagliamento.

Chámanse así debido á provincia romana de Carnia, cuxo nome tiña probabelmente unha orixe celta.

As montañas deron o seu nome á etapa xeolóxica coñecida como o Carniano.

Os seus cumios máis importantes son:

Coglians (2.782 msnm). Kellerwand (2.775 msnm). Cima dei Preti (2.703 msnm). Monte Cavallo (2.251 msnm). Monte Peralba (2.691 msnm). Monte Cridola (2.581 msnm). Dobratsch/Dobrac (2.170 msnm).

Os seus portos principais son:

Oefnerjoch (2.301 msnm). Wolayer Pass (1.922 msnm). Plöcken Pass (1.360 msnm).

Véxase tamén Ligazóns externas Alpes Cárnicos - Hribi.net

Categoría:Cordilleiras de Europa