As abellas son insectos himenópteros da familia dos ápidos, voadores, eusociais, emparentados coas avespas e as formigas. As abellas xogan un papel importante no proceso de polinización, e son produtoras do mel e cera. As abellas son unha liñaxe monofilética dentro da superfamilia Apoidea, e actualmente están clasificadas baixo o nome taxonómico Anthophila (un clado). Existen preto de 20.000 especies coñecidas clasificadas en diferentes familias, aínda que moitas especies están aínda sen describir e o seu número é probablemente maior. Poden ser atopadas en tódolos continentes, agás na Antártica, é dicir en calquera hábitat do planeta que teña plantas con flor que poidan ser polinizadas por insectos.
As abellas están adaptadas para alimentárense do néctar e do pole, o primeiro como principal fonte de enerxía e o segundo para obter proteínas e outros nutrientes. O pole tamén é usado como comida para as larvas.
Teñen unha longa probóscide (unha sorte de "lingua") que lles permite obter o néctar das flores. Tamén teñen antenas compostas de 13 segmentos nos machos e 12 nas femias, así como dous pares de ás, sendo o par posterior o máis pequeno dos dous. Nunhas poucas especies, un dos sexos ou castes ten as ás relativamente máis curtas que lle fan que voar sexa dificultoso ou imposible, pero todas as especies as teñen.
A especie coñecida máis pequena é a Trigona minima, unha abella sen aguillón cuxas obreiras miden 2.1 mm de longo. A meirande é a Megachile pluto, cuxas femias poden acadar unha lonxitude de 39 mm. Os membros da familia Halictidae son as abellas máis comúns do Hemisferio norte, aínda que son pequenas e moitas veces son confundidas con avésporas ou moscas.
A especie máis coñecida é abella do mel, que como suxire o seu nome, produce mel, ó igual que outros tipos de abellas. A xestión humana desta especie é coñecida como apicultura.
Descrición miniatura|Pezas bucais dunha abella doméstica, beizo e maxila. miniatura|Vista frontal da cabeza dun Xylocopa, mostrando as antenas, ollos compostos e ocelos, ademais das setas sensoriais das pezas bucais.
As abellas distínguense das avespas apoideas polas setas ou pelos que cobren o seu corpo que, no caso das abellas, son plumosas e ramificadas. As femias da maioría das abellas teñen órganos para transportar o pole, chamados escopas ou corbículas, xeralmente nas patas posteriores ou na rexión ventral do abdome. Tamén hai diferenzas na distribución das veas das ás posteriores. Nas femias, a sétima lámina abdominal dorsal está subdivida en dúas.
No que se refire ó comportamento, a característica dominante é que coleccionan pole e néctar para alimentar ás súas larvas e teñen adaptacións anatómicas e fisiolóxicas para realizar esta función. Algunhas avespas, como as Masarinae, as Brachygastra e as avespas Polybia tamén realizan algunhas destas actividades. Tamén hai especies de abellas que alimentan ás súas crías con prea.
A abella Megachile pluto é a especie de maior tamaño. As femias alcanzan 39 mm. A especie de menor tamaño debe ser unha abella sen aguillón da tribo Meliponini cuxas obreiras son de 2 mm de lonxitude.
Unha abella ten un par de ollos compostos, que ocupan gran parte da cabeza. Entre eles hai tres ocelos ou ollos simples, cuxa función é determinar a intensidade da luz. As antenas teñen xeralmente trece segmentos no macho e soamente doce na femia. Forman un cóbado, ou sexa que son xeniculadas. Levan un gran número de órganos dos sentidos: quimiorreceptores, órganos do olfacto e o gusto. Tamén poden percibir os movementos do aire, o cal lles permite escoitar algúns sons de baixa frecuencia. As pezas bucais son chuchadoras-mastigadoras. A longa lingua ou probosce (composta de varias partes) permítelles libar o néctar e as mandíbulas serven para triturar.
O tórax ten tres segmentos, cada un cun par de patas. Ademais o segundo e terceiro segmento teñen un par de ás cada un. As patas dianteiras das Apinae teñen peites para limpar as antenas. As patas posteriores das femias de moitas especies levan cepillos ou canastras para transportar o pole. As ás móvense en forma sincronizada durante o voo. As ás anteriores e as posteriores conéctanse por medio dunha serie de pequenos ganchos no bordo posterior da á anterior e sucos na á posterior.
Do mesmo xeito que noutros himenópteros apócritos o abdome está moi modificado; o primeiro segmento está fusionado co segmento final do tórax e chámase propodeo. Nas femias os últimos segmentos están modificados nun aguillón. Na abella doméstica o abdome ten sete segmentos.
Anatomía da abella {| style="background:orange" ! Órganos dunha abella obreira 350px1Lingua2Orificio do conduto excretor da glándula da mandíbula posterior3Mandíbula inferior4Mandíbula superior5Labio superior6Labio inferior7Glándula da mandíbula frontal (glándula mandibular)8Glándula da mandíbula posterior9Abertura da boca10Glándula da farinxe11Cerebro12Ocelos13Glándulas salivares14Músculos torácicos15Postfragma16Á anterior17Á posterior </td>{| | 18Corazón19Estigmas20Saco aéreo21Intestino medio (estómago)22Válvulas cardíacas23Intestino delgado24Tubos de Malpighi25Glándulas rectais26Bolsa de excrementos27Ano28Funda do aguillón29Bolsa do veleno30Glándulas do veleno30Arcos da canle do aguillón32Pequena glándula 33Vesícula seminal34Glándulas ceríferas35Ganglios abdominais36Tubo da válvula37Embude da válvula ou intestino intermedio38Copa (entrada do estómago)39Bolsa do mel (bocho)40Aorta41Tubo dixestivo42Cordón neuronal43Palpos labiais44MetatarsoaCoxabTrocántercFémurdTibiaeTarso con tarsómeros e unllas
Bioloxía miniatura|Niño de Osmia rufa.
Ciclo vital miniatura|esquerda|Niño de abellón.
O ciclo vital das abellas, xa sexa das especies solitarias ou sociais consiste de varias etapas, comezando polo ovo. A larva carece de patas e pasa por varias mudas. Cando chega ó tamaño final convértese en pupa. Durante este período ten lugar a metamorfose. O adulto alado emerxe da pupa. A maioría das abellas solitarias e semisociais de climas tépedos pasan o inverno no estadio adulto ou o de pupa e emerxen na primavera, cando numerosas plantas están a florecer. Xeralmente, os machos emerxen primeiro e proceden a buscar femias con quen aparearse. No caso das do xénero Bombus e algunhas outras especies só as femias apareadas pasan o inverno. Os machos da xeración anterior todos morren á chegada do inverno.
O sexo das abellas é determinado polo sistema de haplodiploidía en que os ovos fertilizados son femias e os non fertilizados son machos. Despois do apareamento a femia almacena o esperma e pode controlar que ovos son fecundados e cales non. As abellas tropicais poden ter varias xeracións ó ano e non pasar por diapausa, como o fan a maioría das especies de abellas doutros climas.
miniatura|Panal de abellas domésticas con ovos e larvas nas celas. O ovo é xeralmente oblongo, lixeiramente curvado e cun extremo máis afiado que o outro. No caso de abellas solitarias cada ovo é depositado nunha cela que foi aprovisionada cunha mestura de pole e néctar. Nas abellas sociais hai alimentación progresiva, é dicir que a larva segue recibindo alimento durante o seu desenvolvemento. O niño pode ser un buraco no chan ou en madeira nas abellas solitarias ou ter unha estrutura complexa con panais como os dos abellóns, abellas sen aguillón e abellas domésticas.
As larvas xeralmente teñen a aparencia de espirais esbrancuxadas lixeiramente ovais, con quince segmentos e con espiráculos para a respiración en cada segmento. Carecen de patas pero poden moverse dentro da cela facendo uso de tubérculos nos seus costados. Teñen pequenos cornos na cabeza que representan as futuras antenas,British Bees, an Introduction mandíbulas para mastigar a comida e un apéndice a cada lado da boca terminado nun pelo groso. Detrás da boca hai unha glándula que secreta un líquido viscoso que se solidifica en forma de seda, a cal lles serve para construír un casullo. A pupa é visible a través do casullo semitransparente. Nalgunhas especies o adulto emerxe poucos días despois, completando a metamorfose. Nese punto abre a cutícula que o cobre e o adulto alado emerxe deixando atrás a exuvia. Noutras especies o adulto acabado de nacer emerxe a primavera seguinte despois de hibernar sen completar a metamorfose (exemplo, Megachilidae).
Navegación, comunicación, e procura de comida miniatura|Karl von Frisch (1953) descubriu que as obreiras da abella doméstica poden usar navegación e indican a localización de comida ás súas compañeiras por medio da danza das abellas.
O etólogo Karl von Frisch estudou a navegación da abella doméstica. Demostrou que as abellas comunícanse por medio da danza da abella, en que unha obreira indica a localización dunha fonte de alimentos. Demostrou que as abellas poden orientarse en tres formas diferentes: por medio do sol, pola polarización dos raios de luz e polo campo magnético da terra. Demostrou que prefiren a información fornecida polo sol. Recorren ós outros mecanismos cando o ceo está nubrado. A danza adquire dúas formas: unha circular, se a fonte de alimentación se atopa a menos de cincuenta metros, e outra en forma de oito, que indica a dirección se o alimento está máis lonxe.
Socialidade
Haplodipoidía e a determinación do sexo
miniatura|esquerda|upright=1.3|Abellas obreiras dunha colonia sacrifícanse polas súas irmás defendendo a colmea en contra de avespas atacantes. Este comportamento altruístico é favorecido polo sistema de reprodución haplodiploide.
As abellas, do mesmo xeito que outros himenópteros teñen un sistema de determinación do sexo, chamado haplodipoidía, en que os machos son haploides e as femias diploides.Grimaldi D. and Engel M.S. 2005. The evolution of the insects. Cambridge University Press. ISBN 0-521-82149-5. Páxina 408. Esta situación fai que as femias fillas dunha mesma nai compartan unha maior proporción de xenes que noutras situacións. Isto predispón á socialidade en que os membros dun mesmo niño benefícianse xeneticamente da axuda mutua máis que se compartisen unha proporción menor de xenes.
Nas especies haplodiploides, as femias desenvólvense de ovos fertilizados ou diploides e os machos de ovos haploides (cunha soa copia de cada xene). As fillas comparten o 100% dos xenes do pai e 50% da nai. Así é que as irmás comparten o 75% dos seus xenes. É esta relación xenética máis próxima que noutros casos que predispón á eusocialidade. As obreiras non se reproducen pero pasan os seus xenes á seguinte xeración cando axudan a criar ás súas irmás. A eusocialidade xurdiu independentemente polo menos nove veces en Hymenoptera.
Hai excepcións, as térmites son eusociais pero non haplodiploides e moitas especies de abellas carecen de socialidade aínda que teñan o sistema haplodiploide. Ademais no caso en que unha raíña se aparea con varios machos, as fillas de diferentes pais comparten soamente o 25% dos seus xenes. En conclusión a haplodiploidía non é nin necesaria nin suficiente para conducir á eusocialidade.
Eusocialidade miniatura|Un enxame de abellas melíferas nunha árbore caída.
As abellas poden ser solitarias ou vivir en varios tipos de comunidades. Diversos tipos e graos de socialidade parecen evolucionar repetida e independentemente en distintos grupos de abellas. O tipo máis avanzado de colonias é o caso de eusocialidade que se caracteriza por ter coidado cooperativo da cría e división do traballo entre individuos reprodutores e non reprodutores, máis superposición de xeracións.
Aproximadamente: 75% das especies son solitarias, 15% parasíticas (incluíndo cleptoparasitas, ladroas e parasitas sociais) e 10% son sociais (incluíndo eusociais).Plant & Paulus, Evolution and Phylogeny of Bees, Zoologica vol. 161, p. 6, 2016