O Trebello é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 4 habitantes (3 homes e 1 muller), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 5 habitantes.
Patrimonio Neste lugar atópase o cruceiro de Trebello, cun oco dun esmoleiro pechado cunha porta de ferro situado no pedestal, e un pequeno reloxo de sol no fuste. Na mesma praciña hai un peto de ánimas construído na parede dunha casa, que antigamente tiña as figuras de santo Antón, santa Bárbara e santa Tareixa.
Do lugar parte un camiño de pedra cara á Sualomba (A Lama), pasando pola Godela e cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.
O topónimo posiblemente fai mención a que neste lugar se colocaban trebellos, trampas de ferro para atrapar animais polos pés.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Aguasantas
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade