TombouctouEntrada Tombouctou na Diciopedia do século 21 (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore e Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertificación.
Debido á súa situación a uns 15 km ao norte do río Níxer, no cruzamento das rutas comerciais transaharianas dende o Sáhara ata Araouane, foi historicamente importante polo comercio de rochas de sal procedentes de Taoudenni. Tamén foi o punto de encontro entre os pobos no oeste africano, nómades bérberes, pobos árabes do norte e comerciantes xudeus. Este feito deulle á cidade un halo fabuloso, sendo recoñecida en moitos lugares coma unha terra afastada e exótica. Na actualidade, Tombouctou ten unha poboación pertencente ás etnias songhai, tuareg, fulbe e mandé.
A maior contribución de Tombouctou á civilización mundial e ao islam foi a súa produción cultural. Arredor do século XIV escribíronse e copiáronse moitos libros, e a cidade comezou a considerarse coma un lugar importante da tradición escrita en África. Por esta razón, a Unesco declarou a cidade e a rexión como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.
Cidades irmás Tombouctou está irmandada coas seguintes cidades: Chemnitz Hay-on-Wye Kairuan Marrakech Saintes Tempe
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Tombouctou na páxina da Unesco Okolo Rashid. Legacy of Timbuktu: Wonders of the Written Word Exhibit - International Museum of Muslim Cultures
Categoría:Cidades de Malí Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Patrimonio da Humanidade en Malí Categoría:Patrimonio da Humanidade en perigo