A Graña é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 64 habitantes (34 homes e 30 mulleres), dez máis que no 2006.
O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola dependente do próximo mosteiro de Tenorio e rexida por un monxe labrego ou mestre.
Lugares e parroquias Lugares de Borela
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade