A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).

Toponimia O nome débese a que é o lugar situado a maior altitude da parroquia, a uns 650 metros de altitude. Así mesmo, é o lugar habitado máis oriental do concello.

Patrimonio Neste lugar hai dúas mámoas, a das Zacoteiras e a de Chan do Caveiro, dous túmulos megalíticos datados no neolítico.

Tamén se atopa o muíño da Cima de Vila, no río Almofrei, e a Neveira, xa no monte do Seixo, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalarías, vendíase no porto de Marín.

Lugares e parroquias Lugares de Caroi

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade