Paula Vázquez Picallo, nada en Ferrol o 26 de novembro de 1974, é unha actriz, presentadora de televisión e modelo galega.
Traxectoria Nos anos 80 trasládase coa súa familia a Barcelona, onde comeza a súa carreira profesional como modelo e azafata. A súa primeira aparición televisiva é como azafata no popular programa Un, dos, tres. A partir dese comezo en TVE chegaron programas como La vuelta de la fama, No te olvides el cepillo de dientes, La noche de los magníficos, El Rastrillo, Inocente, Inocente ou o Luar da TVG.
Tras esta primeira etapa na televisión, incorpórase á serie Canguros, na que filma corenta capítulos. Interveu en dúas películas: Huele bien e Últimas vacaciones. O currículum da ferrolá complétase coa presentación de espazos como El juego del euromillón ou Gran Hermano 3, así como a retransmisión das badaladas de Fin de Ano en Telecinco, entre outros.
En 2005, tras conducir La isla de los famosos e copresentar dende o Amazonas La selva de los famosos, guía o programa Aventura en África, todos eles de Antena 3.
En 2006 probou sorte con ¿Cantas o qué? un formato que non tivo o éxito agardado e foi retirado moi pouco despois da súa estrea.
En decembro de 2006 volveu a Televisión Española, estreándose no aniversario da Gala 50 anos de TVE como presentadora xunto a Laura Valenzuela e Anne Igartiburu. En 2007 presenta o programa Misión Eurovisión, en que se pretende seleccionar aos representantes de España no concurso de Eurovisión.
En xaneiro de 2008 incorpórase a Cuatro para presentar o reality Fama, ¡a bailar! do cal presentou todas as súas edicións de 2007 a 2010. O grande éxito cultivado por este programa logrou incrementar a media da cadea ata conseguir a súa marca histórica, situándose como o programa máis visto de Cuatro en moitas ocasións. En setembro de 2008 estreou Pekín Express, un reality de aventuras do cal só presentou a primeira edición.
Tras realizar distintos pilotos para Mediaset España que foron descartados, Paula Vazquez foi fichada en novembro de 2011 por Antena 3. O 26 de marzo de 2012 estreou nesa cadea o talent show El número uno.
Televisión Como azafata Un, dos, tres... Responda otra vez (1993-1994) (TVE).
Como presentadora No te olvides el cepillo de dientes (1994) (Antena 3). Luar (1995) (TVG). El rastrillo (1995) (Antena 3). Gala Que no decaiga la fiesta (1996) (Antena 3). Gala TP de Oro (1996) (Antena 3). Sonrisas de España (1996) (Antena 3). La parodia nacional (1996) (Antena 3). Mira quien viene esta noche (1997) (Antena 3). Inocente, inocente (1997) (Telecinco) El juego del Euromillón (1998-2001) (Telecinco). Gala de la Hispanidad 1998 (1998) (Telecinco). Campanadas 1999, en Telecinco. Fort Boyard (2001) (Telecinco). Gran Hermano (2002) (Telecinco). Mira tú por donde (2002) (Antena 3). El gran Test (2002) (Antena 3). Xti (2003) (Antena 3). La isla de los famosos (2003-2005). La selva de los famosos (2003, 2004), Antena 3. Aventura en África (2005), Antena 3. Los más (2005-2006) en Antena 3. ¿Cantas o qué? (2003) (Antena 3). Gala 50 años de TVE (2006) en TVE. Misión Eurovisión (2007) (TVE). Fama, ¡a bailar! (2008) (Cuatro). Fama School (2008) (Cuatro). Campanadas Fin de Año 2008 ¡Fama a bailar! en Cuatro. Fama ¡a bailar!: Centro de danza (2009) en Cuatro. Fama Revolution (2010) en Cuatro. Pekín Express (2008) (Cuatro). El número uno (2012-2013) (Antena 3). Te lo mereces (2012) (Antena 3). Campanadas 2012 (2012) (Antena 3). El almacén de Top Chef (2013) (Antena 3). Campanadas 2013 (2013 (Antena 3).
Como actriz Canguros (1996) (Antena 3) Divinos (2006) (Antena 3)
Premios e candidaturas 1998: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón. 1999: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón. 2000: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón. 2001: Galega do mes de abril, por El Correo Gallego. 2003: Premio Estilo da revista Elle á mellor comunicadora.Paula Vázquez, nueva presentadora de Antena 3 2004: Antena de Ouro na categoría de Televisión, por La isla de los famosos.Paula Vázquez - Awards 2005: Micrófono de Ouro. 2005: A máis buscada en Internet, por Lycos. 2009: Camaleón de Honor Especial de Televisión no X Festival de Cine e Televisión de Islantilla.Imanol Arias, Paula Vázquez, Martín Rivas recibirán el Camaleón de Honor Premio Otra Movida 2012. Mellor Comunicadora, Premios Shangai 2008. A máis elegante por Vocento Estrella Costa del Sol polo Concello de Benalmádena.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1974