Fernando Suárez Barcia, nado no Uruguai en abril de 1973, é un político ribadense vinculado ao nacionalismo galego.

Traxectoria miniatura|Suárez Barcia e Darío Campos (presidente da Deputación de Lugo) asinando a petición do PIA para a residencia de maiores de Ribadeo|alt=Fernando Suárez Barcia e Darío Campos Conde asinando a petición do PIA para a residencia de maiores de Ribadeo Estudou o ensino medio en Ribadeo, no IES Porta da Auga, facendo logo Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela. É funcionario do concello da Veiga, onde sacou a praza ós 21 anos. Membro do Bloque Nacionalista Galego, foi concelleiro en 1999, e logo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Urbanismo en Ribadeo con 30 anos nun goberno presidido polo socialista Balbino Pérez Vacas (2003).

miniatura|Suárez, diante da casa consistorial.

Nas eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde, cando obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no concello (sobre 13), cos que formou grupo de goberno. Dende 2011 é alcalde de Ribadeo con maioría absoluta ao conseguir 7 concelleiros de 13 e a revalidou nas de 2015 (10 de 17) e 2019 (7 de 13).

En decembro de 2022 anunciou que non se presentaba ás eleccións de 2023, sendo substituído na lista do BNG para ditas eleccións por Pablo Vizoso Galdo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo

Ligazóns externas Entrevista Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Nados no Uruguai