A Asociación Española de Clubs de Waterpolo, tamén coñecida como WPA -pronunciado "guapa"-, é unha asociación deportiva que aglutina aos clubs españois de División de Honor de Wáter-polo co fin de defender os seus intereses, coordinar as súas actividades e velar pola organización das competicións entre clubs de España, como por exemplo la Liga Española de Wáter-polo. Ten a súa sede en Barcelona, cidade onde en 1907 comezouse a xogar ao wáter-polo, e que acolle o maior número de clubs e waterpolistas do país.
Os Clubs WPA: Os doce clubs que compiten na División de Honor de Wáter-polo na tempada 2007-08 son: Centre Natació Mataró Quadis, de Barcelona (Cataluña). Club Esportiu Mediterrani, de Barcelona (Cataluña). Club Natació Barcelona, de Barcelona (Cataluña). Club Natació Atlètic-Barceloneta, de Barcelona (Cataluña). Club Natació Sant Andreu, de Barcelona (Cataluña). Real Canoe Natación Club, de Madrid (Comunidade de Madrid). Club Natació Sabadell, de Sabadell (Cataluña). Club Natació Terrassa, de Terrassa (Cataluña). Club Natación Martiánez, de Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias). Club Waterpolo Sevilla, de Sevilla (Andalucía). Club Natación Ondarreta, de Alcorcón (Comunidade de Madrid). Waterpolo Pla-Za Zaragoza, de Zaragoza (Aragón).
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Real Federación Española de Natacion
Categoría:Wáter-polo en España