A Torre de San Sadurniño atópase na Illa de Figueira, unha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.

Historia O lugar no que se encontra foi probablemente o núcleo de poboación máis antigo de CambadosMemorias do arcebispo Jerónimo del Hoyo, que visitou Cambados en 1607., e coñecido antigamente como Vila VellaSegundo Caamaño Bournacell e que despois adoptaría a actual denominación de San Tomé do Mar.

O estilo construtivo da torre, que nada ten que ver coas construcións altomedievais anteriores ao ano 1000 como se pensaba, indican que tivo que ser construída a finais do século XV ou inicios do século XVI. A torre conservada hoxe non era polo tanto unha torre de vixianza para avisar dos ataques viquingos na ría de Arousa se non unha casa-torre residencial da familia dos Soutomaior. De feito o fundador da vila de San Tomé foi Sueiro Gomes de Soutomaior, que deixa para a ermida de San Tomé do mar no seu testamento" un marco de plata para ajuda de facer cada un seu caliz de plata" Suso Vila: "A casa dos Soutomaior", editorial Toxosoutos, (2010), p. 476 Fala polo tanto este documento da existencia da ermida cuxos alicerces localizaron recentes escavacións arqueolóxicas. A veneración nesta igrexa de santos como San Sadurniño ou San Tomé dan seguramente nome á illa e á vila anexa. Foron seguramente a filla (María) ou a neta (Xoana) de Sueiro, as que mandaron construír a torre.

A fortificación estivo vinculada primeiro á familia Chariño - Soutomaior, logo aos condes de Castronovo, ata que o IV Conde de Castronovo, Martín Domingo de Guzmán y Niño, vendeu o señorío e as posesións ó primeiro marqués de Montesacro, Diego de Zárate y Muga.

Características miniatura|250px|esquerda miniatura|160px|dereita|Detalle da cheminea. miniatura|160px|dereita|Vista desde o exterior. Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de cantaría de granito cunha xanela. Ademais atópanse restos dunha lareira no encontro dos muros, que consta dunha cambota de granito sostida por canzorros e unha cheminea formada por un cano tamén de granito.

A súa función principal foi residencial e tamén simbólica do señorío dos Soutomaior, a onde acudían os vasalos a pagar as rendas.

A principios do século XX aínda eran visibles os alicerces da antiga capela do complexo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gumersindo Mosteiro: "A Torre e a sombra" (2018) Cambados. ISBN 978-84-09-05332-2. Suso Vila: "A casa dos Soutomaior", editorial Toxosoutos, (2010), p. 476. Noia, A Coruña, ISBN 978-84-92792-36-8 José Caamaño Bournacell: Cambados a la luz de la historia (1933)

San Sadurniño, Torre de San Sadurniño, Torre de Categoría:Cambados Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra