Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010Falece a escritora Dora Vázquez aos 97 anos de idade , nova en Xornal de Galicia o 24 de setembro de 2010. na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.
Traxectoria dereita|miniatura|Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas. dereita|miniatura|Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas. Criouse na cidade da Coruña dos seis aos trece anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de correos e poeta afeccionado,Entrevista a Pura Vázquez , Faro de Vigo, 4 de novembro de 2007 fose sancionado durante a guerra civil. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Ourense en 1933 e exerceu en Teimende, no concello de Parada de Sil, durante dez anos e en Larín, no concello de Arteixo, outros quince anos ata a súa xubilación anticipada por motivos de saúde. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2005.Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega
Obra Comezou a publicar artigos no xornal La Noche de Santiago de Compostela, publicou en numerosas publicacións galegas e de América. Aínda que escribiu poesía, Dora, dedícase sobre todo á narrativa con especial dedicación á infantil e xuvenil, á que lle dá un sentido exemplarizante e didáctico.Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 600
Produción literaria en galego Poesía Un poema cada mes, 1969, edición da autora. Irmá, 1970, edición da autora. A xeito de antoloxía, 1992, edición da autora. Madeixas debandando, 1997, Concello de Arteixo. Pasatempo ferido de versos, 1999, edición da autora.
Narrativa Bergantiñá, 1968, edición da autora. A Malpocadiña: memorias, 1996, Deputación de Ourense. O agro: un mundo aberto, 2001, edición da autora. Noelia, 2001, edición da autora.
Ensaio Mulleres amadas por grandes homes, 1993, Ediciós do Castro. Soñando con Ourense, 1995, Concello de Ourense. Galicia: cousas e xentes, 1997, Deputación da Coruña. Ronseis: cabos soltos dunha historia, 1997, edición da autora. Letras no tempo, 2002, edición da autora. Cadros (reais, de amor, vida, agro e teatro), 2003, edición da autora.
Literatura infanto-xuvenil Campo e mar aberto, 1975, Celta. Contos para nenos e nenas, 1996, edición da autora. O troleiro e outros contos, 2000, Ediciós do Castro. A pombiña de Deus, 2002, publicada en Internet. Os meus últimos contos para nenos e mozos, 2004, Deputación de Ourense.
Teatro Tres cadros de teatro galego, 1973, edición da autora.
Obras colectivas Contos pra nenos, 1979, Galaxia. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poetas e narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Obras con Pura Vázquez A nena que iba á busca de un corazón, en Monicreques, 1974, La Región. Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras. Augas soltas no volume Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras. Don Rato busca un obreiro e Xuicio no bosque, ou soñar non costa nada, en Ronseles, 1980, La Región. Viaxe ao país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense. Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.
Produción literaria en castelán Palma y corona (historias santas), 1964, Escuela Española. Caminos de plata y sol, 1966. Fantasías infantiles, 1980. Oración junto al camino, 1985, Rondas. Traducido ao galego como Oración xunto ó camiño, 1996, edición da autora. Amor y paz, 1998, Caixa Ourense.
Obras con Pura Vázquez Los poetas, 1971, edición da autora.
Premios 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por Estreliña do mar. 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1976, por Cascabel, o cabaliño do circo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2010