Amiens é un concello, capital do departamento de Somme, Picardía, Francia. En 2011 tiña 133.327 habitantes. Está situada nas ribeiras do río Somme.

Historia A cultura achelense debe o seu nome ao barrio de Saint-Acheul, un barrio de Amiens. Amiens foi a capital dos Ambiani, unha das principais tribos galas. Os romanos denominaron á cidade Samarobriva. A conquista de Inglaterra polo emperador Claudio e a apertura de novas rotas en Galia e Bélxica reforzaron o papel da cidade.

Arquitectura Catedral de Amiens: Famosa catedral gótica do 1220-1247, unha das máis fermosas de Europa.

Administración A súa alcaldesa (2014) é Brigitte Fouré, do Novo CentroDatos das eleccións municipais de 2014 en Le Monde.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do concello (en francés)

Categoría:Concellos do departamento de Somme Categoría:Cidades de Francia