Cesáreo Sánchez Iglesias, nado en Dadín (O Irixo) o 26 de xaneiro de 1951, é un escritor galego.

Traxectoria Estudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu. Foi cofundador da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño e presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña. Foi tamén fundador e director editorial de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Así mesmo participou na fundación do Sindicato Galego de Funcionarios da Administración Pública.

Desde 2005 foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballou como director do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia na Coruña.

É autor dunha ampla obra poética, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. A súa poesía caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves.

Obra miniatura|Pontevedra, 14/05/2018. Falando sobre María Victoria Moreno

Poesía

Silencios e conversas de inverno (1978). Editorial Celta, Lugo. Antonte de salamántigas (1980). Ediciós do Castro. O cántico da fonte (1982). Ediciós do Castro. Ortigas da memória (1985). Ediciós do Castro. Mar do fin da terra (1987). Vía Láctea. A árvore das sete palavras (1990). Sotelo Blanco. Do olvido o río (1993). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. O rostro da terra: A escrita da luz (1996). Baía Edicións. 82 páxs. ISBN 978-84-87674747. Traducido ao catalán como El rostre de la terra, publicado no 2009 en Perifèric, Valencia. A escrita do silencio: Antoloxía persoal (1997). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Evadne: A escrita da luz (1998). Espiral Maior. 84 páxs. ISBN 9788489814486. O rumor do distante (2001). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Variacións Nube (2004). A Nosa Terra. Escrita Luz (2006). Editorial Eneida. Antoloxía en versión bilingüe galego-castelán, con tradución de Xoán Abeleira. A escrita do Camiño Primitivo (2007). A Nosa Terra. 96 páxs. ISBN 978-8483411650. O paraíso das sombras (2009). Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-84-937323-0-1. Caderno do Nilo (2013). Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-539-6. Tempo transfigurado (2017). Kalandraka. Col Tambo, Faktoría K. 104 páxs. ISBN 978-84-16721-11-5. As bolboretas do Mekong (2018). Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-450-2. A árbore que dá as lágrimas de Shiva (2022). Xerais, Poesía. 280 páxs. ISBN 978-84-1110-092-2. ePub: ISBN 978-84-1110-098-4. O rumor do distante. A escrita da terra (2024). Santiago: Laiovento. 218 páxs. ISBN 978-84-8487-705-9. Ebbok: ISBN 978-84-8487-706-6.

Obras colectivas II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado. III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Desde 1936. Homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Historia da literatura galega. 5 volumes, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Codirector do proxecto xunto a Alberte Ansede. Polo Reino de Galiza, 1998, A Nosa Terra. Coeditor xunto a Xosé Henrique Acuña. Antón Avilés de Taramancos, 2002, A Nosa Terra. Coeditor xunto a Xosé Henrique Acuña. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Negra sombra, 2003, Espiral Maior. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña. Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega. A Coruña á luz das letras, 2008, Editorial Trifolium. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.

Premios Finalista do Premio de Poesía Leliadoura en 1989 por A árvore das sete palavras. Premio Esquío de poesía en 2000 por O rumor do distante. Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria no 2014, por Caderno do Nilo. 2019: Medalla “Alberto Nepomuceno”, na categoría Mérito Artístico, Universidade Estadual do Ceará (Brasil).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cesáreo Sánchez Iglesias: “A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes” . Biosbardia. 03/11/2015 Tempo transfigurado de Cesáreo Sánchez Iglesias. YouTube. Libraría Cartabón. 18/01/2018. Vértice de versos: entrevista a Cesáreo Sánchez Iglesias. Vimeo.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados no Irixo Categoría:Nados en 1951