Acción Social foi un periódico bilingüe publicado en Mondoñedo entre 1918 e 1930. Historia e características

Órgano do Centro de Acción Social Católico de Mondoñedo. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1918. A publicación tiña periodicidade quincenal e con dezaseis páxinas. A súa tiraxe era de entre 1000 e 1200 exemplares. Ideoloxicamente estaba tinxido de tradicionalismo. O seu primeiro director foi Antonio Maseda Bouso e tivo como redactor-xefe a Enrique Costas Márquez e despois a Xosé Trapero Pardo. En 1930 fusionouse con Galicia Agraria para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.

Véxase tamén

Bibliografía

Martínez-López, Alberte (1986). "A prensa católico-agraria en Galiza". Sociedade e movemento obreiro en Galicia. Ourense. Deputación Provincial. páxs. 321-372. ISBN 84-505-3843-2.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1918 en Galicia