O KGB (en ruso: Комитет государственной безопасности, Komitet gosudárstvennoi bezopásnosti, traducido como Comité para a Seguridade do Estado) foi o nome da axencia de intelixencia, así como da axencia principal de policía secreta da Unión Soviética do 13 de marzo de 1954 ao 6 de novembro de 1991. O dominio da KGB foi aproximadamente o mesmo que o da CIA ou a división de contraintelixencia do FBI nos Estados Unidos.

Encargouse de obter e analizar toda a información de intelixencia da nación. Era un organismo de control de toda a Unión Soviética, que desapareceu cando se disolveu esta. A partir de entón xurdiu o Servizo de Intelixencia Estranxeira, o cal pasou a dirixir as actividades de espionaxe fóra do país e informar directamente ao presidente do Goberno.

Véxase tamén Outros artigos Okhrana

Categoría:Unión Soviética Categoría:Guerra Fría Categoría:Servizos de intelixencia