miniatura|dereita|300px|Ruínas de Lixus
Lixus (en árabe ليكسوس) era unha cidade antiga fundada polos fenicios arredor de 1100 a.C..
Patrimonio da Humanidade Este sitio foi engadido á Lista Indicativa da UNESCO Patrimonio Mundial o 1 de xullo de 1995, na categoría Patrimonio da Humanidade Cultural.
Nome A lingua oficial era o púnico, usado nas emisións de moeda autónoma da cidade desde o século II a.C., o nome do sitio aparece nas moedas en púnico como LKS triliteral, e en latín como LIX e LIXS (a forma Lixus / Lixos está consagrada pola tradición greco-latina).
Características Estaba situada algúns quilómetros ao norte da pequena cidade de Larache en Marrocos, na beira dereita do wadi Lucos. Lixus foi unha das máis antigas e das máis importantes cidades da costa atlántica.
Está rodeada de chairas pantanosas ao sur e ao suroeste, nas que se crearon fábricas de sal.
O emperador romano Claudio outorgoulle o status de colonia romanaPlinio o Vello, Historia Natural, libro V, I, 3.
Lendas Aureolada de prestixio na antigüidade, era citada nos mitos gregos como unha cidade lendaria na que localizaban dous dos traballos de Hércules. Sería en Lixus, en efecto, onde o heroe mítico venceu a Anteo, suposto fundador de Tánxer, e colleu as mazás de ouro do xardín das Hespérides, que estaban gardabas por un dragón. Plinio o Vello viu neste dragón unha alegoría do río descrita por moitos meandros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Port Lixus: Unha das 6 estacións balnearias do "plan Azur" impulsado polo goberno de Marrocos
Lixus Lixus