A Mocedade Galeguista de Ourense era a organización xuvenil da agrupación local do Partido Galeguista de Ourense, formouse en 1932 e constituíu unha das primeiras mocedades galeguistas en se constituír e tamén das máis activas. Integrouse na Federación de Mocedades Galeguistas cando se formou en 1934. É foi a agrupación de Ourense a encargada de organizar as tres asembleas xerais da Federación. O seu secretario xeral era Vicente Bóveda.

No seu seo funcionaba un Círculo de Estudios, que organizaba conferencias semanais de líderes do PG, e seccións de Excursións e Deportes que organizaba excursións polos concellos da provincia de Ourense e Música e Declamación para a posta en escena de obras de teatro. En abril de 1936 formouse un Grupo Feminino dirixido por Rosa Docampo.

Véxase tamén Bibliografía Rojo, Arximiro (1987). As Mocedades Galeguistas, Vigo, páx. 41-42

Categoría:Forzas políticas de Galicia