Deba, (en castelán Deva), é un concello e localidade costeira situada ao noroeste de Guipúscoa, País Vasco. Está chantada na desembocadura do río Deba, pertencente á comarca de Debabarrena. Ten unha poboación de 5.274 habitantes segundo o censo do ano 2006 e unha superficie de 52 km², cunha densidade de poboación de 102,32 hab./km².
Coa orixe no próximo núcleo rural de Itziar, estabeleceuse na actual situación en 1343 co nome de Montreal de Deba, que xa tiña no 24 de xuño de 1294. Ten unha gran praia, que é o seu atractivo turístico principal, xunto coa súa grande alameda.
Distribúese por dúas vertentes diferentes, a do río Deba e a do río Urola, e o seu terreo e moi accidentado. A costa destaca pola chamada rasa mareal, que se estende até Zumaia. Sitúase na marxe dereita da río que o río forma na súa desembocadura; nela, noutros tempos, houbo un porto comercial; na actualidade só se emprega como porto deportivo e de recreo.
As súas armas son un escudo de goles cun castelo sostido por un león e un grifón tenantes e, ós seus pés, tres teixos de sinople.
O topónimo A vila toma o seu nome do río cuxa desembocadura alberga, o río Deba. Existen bastantes topónimos homónimos na zona norte da Península Ibérica, xeralmente asociados a ríos.
A palabra deva significa en sánscrito deus, deidade. Considérase que deriva á súa vez dunha palabra indoeuropea deiwos empregado para designar deuses; as propias palabras deus ou Zeus, derivarían de dita palabra orixinal. Por este feito, e por estar o topónimo relacionado moitas veces con ríos, pódese relacionar Deba co nome dunha hipotética deusa celta dos ríos. A existencia dun río con nome claramente indoeuropeo e posíbel celta no País Vasco, e empregada polos partidarios da hipótese da vasconización tardía como proba que avala a mesma.
Sobre a aplicación do nome á actual localidade. Deba foi fundada no lugar que ocupa actualmente o barrio de Itziar en 1294 e foi bautizada co nome de Mont-Real. No 1343 foi trasladada ao seu actual lugar na desembocadura do río Deba, pasando a denominarse Mont-Real de Deva, finalmente o nome da vila acabaría confundíndose co do río ao perder o apelativo de Mont-Real.
Tradicionalmente o nome do pobo escribíase en castelán, como Deva, aínda que na segunda metade do século XX comezou a escribirse tamén como Deba, ao aplicarse as regras ortográficas modernas da lingua vasca. E actualmente, dende que en 1989 foi publicado no BOE, Deba é o único nome oficial da zona, tanto no País Vasco como no resto de España.
O xentilicio pode ser debarra ou debatarra, común para homes e mulleres e que provén do éuscaro.
Demografía
Situación Áchase no extremo máis occidental da provincia, e pertencente á comarca do Debabarrena, siuado á beira dereita do río do Deba. Parte do territorio municipal expándese pola conca do Urola e polo alto de Itziar e Lastur, elevándose sobre a costa.
Deba limita, ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Zumaia, ao sur con Mendaro e Zestoa, e ao oeste con Mutriku.
Eleccións municipais de Deba Eleccións municipais de 1979
Partido Nacionalista Vasco: 1255 votos (7 concelleiros) Euskadiko Ezkerra: 596 votos (3 concelleiros) Herri Batasuna: 469 votos (2 concelleiros) Partido Socialista de Euskadi : 205 votos (un concelleiro)
Eleccións municipais de 1983 Partido Nacionalista Vasco: 1267 votos (7 concelleiros) Euskadiko Ezkerra: 560 votos (3 concelleiros) Herri Batasuna: 487 votos (2 concelleiros) Partido Socialista de Euskadi: 242 votos (1 concelleiro)
Eleccións municipais de 1987
Aquí sumouse Eusko Alkartasuna na loita pola alcaldía, e deu a sorpresa sendo a lista vencedora. Eusko Alkartasuna: 702 votos (3 concelleiros) Herri Batasuna: 669 votos (3 concelleiros) Partido Nacionalista Vasco: 622 votos (3 concelleiros) Euskadiko Ezkerra: 605 votos (2 concelleiros) Partido Socialista de Euskadi: 178 votos (ningún concelleiro)
Eleccións municipais de 1991
Eusko Alkartasuna: 818 votos (4 concelleiros) Herri Batasuna: 637 votos (3 concelleiros) Partido Nacionalista Vasco: 585 votos (2 concelleiros) Euskadiko Ezkerra: 483 votos (2 concelleiros) Partido Socialista de Euskadi: 176 votos (ningún concelleiro)
Eleccións municipais de 1995
Desaparece o partido Euskadiki Ezkerra, fusionándose co PSE, e aparece unha nova candidatura, independentes por Deba. O resultado foi:
Eusko Alkartasuna: 1040 votos (5 concelleiros) Partido Nacionalista Vasco: 852 votos (4 concelleiros) Herri Batasuna: 556 votos (3 concelleiros) Idependientes por Deba: 250 votos (1 concelleiro) Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra: 159 votos (ningún concelleiro)
Eleccións municipais de 1999
Desaparece Herri Batasuna, ilegalizada e aparece Eukal Herritarrok. Tamén o Partido Popular presentou candidatura por primeira vez no concello.
Eusko Alkartasuna: 1304 votos (6 concelleiros) Euskal Herritarrok: 788 votos (4 concelleiros) Partido Nacionalista Vasco: 588 votos (2 concelleiros) Independientes por Deba: 235 votos (1 concelleiro) Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra: 112 votos (ningún concelleiro) Partido Popular: 99 votos (ningún concelleiro)
Eleccións municipais de 2003
Desaparece Euskal Herritarrok (ilegalizada), e preséntase Ezker Batua. Resultou ganadora a coalición EAJ-PNV/EA, con maioría absoluta.
Coalición Partido Nacionalista Vasco / Eusko Alkartasuna: 1963 votos (11 concelleiros) Independientes por Deba: 326 (1 concelleiro) Ezker Batua: 177 votos (1 concelleiro) Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra: 116 votos (ningún concelleiro) Partido Popular: 105 votos (ningún concelleiro)
Eleccións municipais de 2007 Houbo coalición entre Ezker Batua e Aralar e preséntase por primeira vez EAE-ANV, logrando un segundo posto.
Eusko Alkartasuna : 941 (5 concelleiros) Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca : 698 votos (3 concelleiros) Eusko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco : 475 votos (2 concelleiros) Ezker Batua / Aralar : 472 votos (2 concelleiros) Independientes por Deba : 234 votos (un concelleiro) Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra : 88 votos (ningún concelleiro) Partido Popular : 73 votos (ningún concelleiros).
A ideoloxía vencedora no municipio é a esquerda nacionalista de Eusko Alkartasuna, a excepción dos primeiros anos que os vencedores eran do PNV.
Comunicacións Deba está atravesada pola estrada N-634, que a une coa cabeceira comarcal, a cidade de Éibar, e coa capital da provincia, Donostia, e Bilbao, capital da veciña Biscaia. A autoestrada AP-8 ten unha saída no barrio de Itziar, e o ferrocarril de vía estreita, de Eusko Trenbideak, da liña Bilbao - Donostia, ten estación en pleno centro da vila, estación que tivo máis importancia noutras épocas. A estrada GI-638 únea coa veciña Mutriku e con Ondarroa, xa en Biscaia.
O Porto Deportivo de Deba é para embarcación de recreo, e ten setenta amarres para pequenas barcas de pesca de entretemento. Non hai liñas nin comercias nin de pasaxeiros, aínda que noutra época si existiron. Está situada nas proximidades dos portos de Bilbao e Pasaxes e dos aeroportos de Hondarribia, Bilbao e Vitoria.
A distancia a Donostia é de corenta quilómetros, a Bilbao é de sesenta e até Vitoria hai setenta. De Éibar fica separada por vinte quilómetros.
Distribución A distribución do concello está baseada no núcleo urbano e nos barrios rurais; estes son: Itziar, Lastur e Elorriaga. Hai uns 130 casaríos esparexidos polo territorio.
A poboación concéntrase no núcleo urbano, onde reside o 81,7 % da mesma, e no barrio de Itziar, un 7,7 %. O resto repártese polos diferentes asentamentos.
Hidrografía e orografía miniatura|300px|Praia de Deba
Hidrografía A hidrografía do concello está ligada ao río Deba e aos pequenos afluentes que chegan a el dende as montañas que o rodean. Na conca do Urola, son os afluentes deste os que regan as súas terras; estes afluentes, tanto do Deba como do Urola, son pequenos regatos que nacen nos montes próximos e acaban morrendo no río principal.
O río Deba (ou Diva, segundo Tolomeo), na súa desembocadura forma unha ría que ten uns setenta metros de anchura e cuxo calado depende da marea. Ar marxes da ría foron modificadas coa construción de diques. Esta ría chega até o barrio de Sasiola, en Mendaro; nela fórmase unha marisma da que aínda queda algún resto importante, xa que boa parte da mesma foi desecada e convertidas en terras de labranza. Pouco antes da marisma hai un desfiladeiro estreito, no que en tempos prehistóricos houbo asentamentos, dos cales hai resto significantes, e na súa entrada superior estabeleceuse o mosteiro de Sasiola e a igrexa de Santo André, considerada como unha das primeiras igrexas da provincia.
As augas do Deba están moi contaminadas, tanto fecal como industrialmente, ao recibir, con escaso tratamento, os saneamentos das localidades da súa conca e os refugallos da numerosa industria da área. A situación envorcarán na primeira década do século XXI cando os sistemas de saneamento e depuración estean en marcha.
Orografía A orografía do concello é moi irregular e abrupta. Os montes que o rodean acadan os 800 ou 900 metros de altitude a pouca distancia da costa. Xa en 1799 Agustín María de Balzola, Vicario de Deba, dicía o seguinte ao respecto deste capítulo:
Predomina a rocha calcaria na composición dos terreos do municipio, o que propiciou a formación de grandes grutas subterráneas e covas, sobre todo na zona de Itziar e Lastur. A rocha calcaria fai que o aciñeiral cantábrico sexa moi abundante nestes montes. Os carballos, e outras especies típicas do país completan o panorama arbóreo, ao cal hai que engadir as plantacións, destinadas á explotación comercial, de pino insignis. Hai grandes campos de herba onde pasta o gado, principalmente vacún.
A costa destaca polos grandes acantilados de máis de 150 metros de altitude, a cuxos pés ábrese a rasa mareal, con praia salvaxes de rochas e pedras.
miniatura|200px|Rasa mareal de Deba e Zumaia
Economía Historicamente a economía de Deba estivo sustentada polo comercio e a industria, como tamén da actividade rural centrada na gandería e agricultura. As rotas comerciais que por mar chegaron ao entón porto de Deba ou ao veciño fluvial de Alzola, en Elgoibar alá polos séculos XVI e XVII. Tiña dúas ferrarías e o comercio da la castelá, que chegaba por Gasteiz, e o ferro inglés facía que Deba puidese considerarse rica. Na súa ría houbo estaleiros até o século XX.
Na actualidade, ao igual que antano, tamén son a industria e o comercio, esta vez con carácter de turismo, os que manteñen a economía da vila. O sector servizos, con preto dun 50 % da ocupación, e a industria, cun 38 %, son o piar económico. A gandería e agricultura teñen unha certa importancia.
O sector primario ten 3.506 habitantes dedicados a explotacións agrícolas e gandeiras, principalmente gandeiras, ocupa, nas 220 pequenas explotacións, ao 6,5 % da poboación activa. A agricultura é case exclusivamente para o autoconsumo e a venda nos mercados dos pobos da bisbarra. As explotacións gandeiras dedícanse ao leite e á carne. Hai algunha dedicada ao touros bravos en Lastur e Itziar.
No sector secundario, a industria metalúrxica, como no resto da comarca, é a que monopoliza, practicamente, este sector. As industrias de accesorios do automóbil e de máquinas son as que están máis implantadas. Aprovéitanse algunhas terras do val do Deba para a súa localización, aínda que o foco industrial importante áchase en Itziar. A comarca do Baixo Deba, eminentemente industrial e pouco extensa, ten un tipo de distribución industrial que permite aos habitantes dos seus pobos vivir nuns e traballar noutros. As necesidades das fábricas achadas nos centros históricos industriais, como Éibar e Elgoibar, fixeron que se expandan por toda a comarca e tamén fóra dela.