O Marina Bay Street Circuit ou circuíto urbano de Singapur é un circuíto de carreiras urbano en torno a Marina Bay, Singapur, que abarca as áreas de planificación de Downtown Core (Curvas 4 a 19) e Kallang (Curvas 1 a 3).

É a sede do Gran Premio de Singapur de Fórmula 1 desde a tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007. A pista ten 4´940 km. de longo nun lugar do porto similar en estilo ao Circuíto de Mónaco e o Circuíto urbano de Valencia.

O circuíto deseñado por KBR, e é unha modificación do orixinal proposto por Hermann Tilke. O circuíto ten unha licenza FIA de grao 1. O circuíto ten un récord único de ter polo menos unha aparición de coche de seguridade en todas as carreiras ata a . Houbo un total de 23 saídas de coches de seguridade en trece carreiras.

Circuíto miniatura|A chicane sling foi eliminada antes da carreira de 2013 Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.

O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco. Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.

En produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.http://www.formula1.com/news/headlines/2013/9/14975.html thumb|Vista Características

Capacidade espectadores: 90.000 Lonxitude do circuíto: 5´065 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 308´082 quilómetros. 23 curvas en total. (10 dereitas, 13 esquerda) Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta. Tempo de freado: 21% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: moi alto Desgaste dos pneumáticos: medio Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos. Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.48.574 en

Instalacións O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.

Polémica

Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Singapur

Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP de 1 |Fernando Alonso Renault Renault1:57:16,304 h 5,067 km61158,139 km/h28. setembro Singapur 22009 Lewis Hamilton McLaren Mercedes1:56:06,337 h 5,067 km61159,656 km/h27. setembro 32010 Fernando Alonso Ferrari Ferrari1:57:53,579 h 5,067 km61157,422 km/h26. Setembro 42011 Sebastian Vettel Red Bull Renault1:59:06,757 h 5,073 km61155,810 km/h25. setembro 52012 Sebastian Vettel Red Bull Renault2:00:26,144 h 5,073 km591149,044 km/h23. setembro 62013 Sebastian Vettel Red Bull Renault1:59:13,132 h 5,065 km61155,426 km/h22. setembro 72014 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes2:00:04,795 h 5,065 km601151,780 km/h21. setembro 82015 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari2:01:22,118 h 5,065 km61152,673 km/h20. setembro 92016 Nico Rosberg Mercedes Mercedes1:55:48,950 h 5,065 km61159,993 km/h18. setembro 102017 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes2:03:23,543 h 5,065 km581142,780 km/h17. setembro 112018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes1:51:11,611 h 5,063 km61166,578 km/h16. setembro 122019 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari1:58:33,667 h 5,063 km61156,226 km/h22. setembro - Cancelados pola Pandemia de COVID-19 - 132022 Sergio Pérez Red Bull RBPT2:02:20.238 h 5,063 km591148,921 km/h2. outubro 142023 Carlos sainz Ferrari Ferrari 1:46:37.418 h 4,940 km62197´256 km/h17. setembro 142024 Lando Norris McLaren Mercedes 1:40:52.571 h 4,940 km62182,172 km/h22. setembro 152025 George Russell Mercedes Mercedes 1:40:22.367 h 4,940 km62 183,085 km/h5. outubro 1 A carreira prevista de 61 voltas cancelouse anticipadamente debido ao tempo máximo de condución de dúas horas estipulado no regulamento.

Historia dos trazados

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Fórmula 1 Lista de circuítos da Fórmula 1 Gran Premio de Singapur

Ligazóns externas

Official F1 Singapore Grand Prix website BBC's circuit guide Circuit simulation preview with commentary by Mark Webber Asian Festival of Speed results

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Singapur de Fórmula 1 Categoría:Singapur