Edward Vajda, nado o 10 de setembro de 1958, é un lingüista especializado en lingüística comparativa e lingüística histórica que traballa na Western Washington University, no estado norteamericano de Washington.
Traxectoria Acadou notoriedade por un seu traballo no que propón unha nova familia de linguas dené-ieniseianas, ao tentar estabelecer que a lingua ket de Siberia ten un antecesor lingüístico común coas linguas na-dené de América do Norte. Comezou a estudar o idioma ket nos anos 1990, logo da desaparición da Unión Soviética; entrevistouse con falantes de ket en Alemaña e, posteriormente, viaxou até Tomsk no suroeste de Siberia para realizar recollida de datos en traballo de campo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal de Vajda na Western Washington University
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Lingüistas dos Estados Unidos de América Categoría:Lingüistas da lingua navagho Categoría:Nados en Carolina do Norte