Manuel Canabal Fiestra, nado en Nercellas (Forcarei) o 10 de novembro de 1974, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Despois de pasar polo Pontevedra CF e o CD Leganés, fichou polo CP Mérida en 1995. Esa tempada formou parte do equipo filial, debutando na primeira división en marzo de 1996 contra o Sporting de Gijón. Logo doutro ano en Mérida en segunda división, o Real Madrid fichouno por 800 millóns de pesetas. Porén, non chegou a debutar en partido oficial co equipo branco, adestrado por Jupp Heynckes. Foi cedido ao Real Valladolid, e ao ano seguinte fichou polo Deportivo Alavés.

En 1999 fichou polo Rayo Vallecano, anotando 11 goles en 33 partidos, rematando o equipo en novena posición. Xa no ano 2000 foi fichado polo Málaga CF, onde estivo catro tempadas, gañando a Copa Intertoto en 2003.

En 2004 regresa ao Pontevedra CF, retirándose ao ano seguinte por unha lesión nas costas.

Palmarés Málaga Copa Intertoto da UEFA: 2003

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do CP Mérida Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes