Ole Henrik Laub, nado en Aarhus o 3 de decembro de 1937 e finado en Assens o 22 de outubro de 2019,Necrolóxica foi un escritor dinamarqués, autor de novelas, relatos curtos e libros para nenos.

Traxectoria Laub fixo o seu debut en 1967 con Et Svaerd Dyppet i Honning, unha colección de historias curtas. Escribiu máis de cincuenta contos, novelas e libros para nenos. Tamén escribiu para a escena e obras de teatro para a radio e a televisión. Era un poderoso narrador cando contaba historias da xente en dinamarqués. Todos os seus contos teñen un ton escuro e sinistro.

Notas

Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Nados na rexión de Midtjylland Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2019