Lillian Gertrud Asplund, nada en Worcester (Massachusetts) o 21 de outubro de 1906 e finada en Shrewsbury (Massachusetts) o 6 de maio de 2006, foi unha das 3 últimas superviventes do barco RMS Titanic.
Traxectoria Lillian era a última sobrevivente con vida que recordaba o que aconteceu aquela fría noite de 1912 cando o Titanic se afundiu no medio do océano Atlántico, xa que ela tiña 6 anos cando sucedeu aquilo. As outras dúas sobreviventes do afundimento tan só tiñan uns meses, así que non recordan nada da traxedia.
A súa familia estivera a visitar a súa avoa en Suecia antes de embarcar no RMS Titanic para volver á súa casa. Lillian tiña daquela 6 anos, e dous irmáns máis vellos: Óscar (nado en 1898) e Hugo (nado en 1902). Tamén tiña un irmán máis novo, Felix (nado en 1909).
Asplund calou sobre as súas memorias do Titanic, compartindo a pena da súa nai sobre a traxedia e firmemente evitando calquera forma de atención dos medios de comunicación. Nunha entrevista en 1989 Lillian Asplund describiu como ela, a súa nai e o irmán subiron ao bote salvavidas número 15 por unha ventá. Lillian contou que recordaba aos seus irmáns máis vellos e ao seu pai despedirse da súa nai, dela e do seu irmán máis novo Félix. Os seus irmáns máis vellos e o seu pai morreron afogados na traxedia, mentres que Lillian, o seu irmán e a súa nai lograron salvarse.
Lillian Asplund traballou en empregos de secretaria na área Worcester, e retirouse para coidar da súa nai, que ao parecer nunca conseguiu superar a traxedia e a morte do seu marido e fillos. A nai de Lillian faleceu no ano 1964. O irmán máis novo de Lillian morreu en 1983, á idade de 74 anos.
Finalmente, Lillian Asplund morreu na súa casa en Shrewsbury (Massachusetts) á idade de 99 anos no ano 2006. Foi enterrada no Cemiterio de Fe en Worcester, onde o corpo do seu pai fora enterrado en 1912.
Notas
Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Worcester, Massachusetts Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Pasaxeiros do RMS Titanic