Diego Castro Giménez, nado en Pontevedra o 2 de xullo de 1982, é un exfutbolista galego, que xogaba de extremo esquerdo. Fillo do adestrador Fernando Castro Santos, comezou a súa carreira no Pontevedra, antes de militar na Primeira División nas filas do Málaga, o Sporting de Gijón e o Getafe. En 2015 fichou polo Perth Glory australiano, no que militou durante os seguintes seis anos, converténdose na maior lenda da historia do club. Está considerado por algúns como o mellor futbolista da historia da liga australiana.
Traxectoria
Inicios Comezou a xogar no equipo de fútbol base do seu colexio, o Sagrado Corazón, destacando con 11 anos no torneo escolar EDIT. Posteriormente xogou na Agrupación Xuvenil Lérez e na ACD A Seca, disputando con este último equipo a División de Honra Xuvenil.
Pontevedra No 2001 pasou ao Pontevedra, da Segunda División B, sendo o xogador de menos idade do equipo dirixido polo asturiano Raúl González. Debutou na categoría de bronce na segunda xornada da tempada 2001/02, unha vitoria por 1-0 sobre o Barakaldo en Pasarón, saltando ao terreo de xogo nos minutos finais como substituto de Xaco. Completou a súa primeira tempada como futbolista con 24 partidos e 2 goles, pero a súa explosión chegou na seguinte campaña, na que anotou 12 goles, 3 deles na promoción de ascenso a Segunda.
Málaga B En 2003 fichou polo Málaga B, daquela en Segunda División. A súa estrea na categoría de prata produciuse na terceira xornada, nun partido ante o Getafe. Militou tres tempadas no filial malaguista, disputando un total de 90 partidos oficiais, nos que marcou dous goles. O 4 de decembro de 2005 debutou co primeiro equipo do Málaga na Primeira División, nun encontro ante o Osasuna na Rosaleda, substituíndo no segundo tempo a Edgar. Na seguinte xornada xogou contra o Real Madrid.
Sporting de Gijón En 2006 fichou polo Sporting de Gijón, nese momento en Segunda. No equipo de Manolo Preciado compartiu dianteira con David Barral e Congo, e na tempada 2007/08 conseguiu o ascenso á Primeira División. TItular indiscutible tamén na máxima categoría, ao remate da tempada 2008/09 foille concedido o Trofeo Molinón de Prata como mellor xogador do equipo. Nas dúas seguintes tempadas foi o máximo goleador do equipo, con 10 e 9 tantos respectivamente. Militou no Sporting durante cinco tempadas, todas ás ordes de Preciado, e sumou un total de 174 partidos oficiais e 39 goles co equipo.
Getafe En maio de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Getafe. Marcou sete goles en cada unha das súas dúas primeiras tempadas no equipo xetafense, ás ordes de Luis García Plaza, obtendo un 10º e un 11º postos en liga respectivamente. As súas cifras goleadoras reducíronse nas dúas seguintes campañas, nas que chegou a coincidir no equipo con outros tres futbolistas galegos (Borja Fernández, Pedro Mosquera e Roberto Lago). Deixou o Getafe no verán de 2015, despois de 139 partidos de 19 goles.
Perth Glory A continuación, e con 33 anos, decidiu saír ao estranxeiro, fichando polo Perth Glory da A-League de Australia. Debutou no fútbol australiano na primeira xornada de liga, unha derrota por 3-2 ante o Central Coast Mariners, e dúas semanas despois marcou o seu primeiro gol, nunha vitoria por 3-1 sobre o Adelaide United no HBF Park. O 24 de xaneiro de 2016 marcou por primeira vez na súa carreira dous goles nun mesmo partido, na vitoria por 1-6 sobre o Newcastle Jets, e repetiu con outros dous goles na seguinte xornada diante do Melbourne Victory.
Pechou a súa primeira tempada en Australia Occidental como o cuarto máximo goleador da A-League, con 13 tantos, e foi galardoado coa Medalla Johnny Warren como o mellor xogador do campionato. O equipo disputou as Series Finais e tamén a final da FFA Cup, na que perdeu ante o Melbourne Victory. Na seguinte campaña os seus números foron semellantes e o Perth Glory clasificouse de novo para as Series Finais, caendo eliminado por segundo ano consecutivo diante do Melbourne City.
Na tempada 2018/19 capitaneou o equipo, proclamándose campión da liga regular por primeira vez na historia do club. Nas Series Finais, o Perth acadou a gran final, que se celebrou no Perth Stadium diante de 56.371 seareiros, pero acabou perdendo na quenda de penaltis ante o Sydney FC, despois de que o encontro rematase sen goles. Diego Castro foi elixido no Equipo do Ano da liga. Na tempada 2019/20 debutou na Liga de Campións da AFC, portando o brazalete de capitán nun encontro ante o FC Tokyo. Disputou cinco partidos da fase de grupos, na que o seu equipo acabou último.
Deixou o Perth en outubro de 2021, despois de 149 partidos oficiais, 49 goles e 30 asistencias, e sendo considerado a maior lenda da historia do club e un dos mellores futbolistas da historia da liga australiana
Estatísticas + Partidos e goles por equipo, tempada e competiciónEquipoTempadaLigaCopaPromociónde ascensoContinentalTotalDivisiónPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPontevedra CF2001–02Segunda División B2120030—2422002–03Segunda División B3392053—4012Total54112083—6414Málaga B2003–04Segunda División B240———2402004–05Segunda División B331———3312005–06Segunda División B331———331Total902———902Málaga2005–06La Liga2000——20Sporting Gijón2006–07Segunda División38700——3872007–08Segunda División37710——3872008–09La Liga32620——3462009–10La Liga351000——35102010–11La Liga28910——299Total1703940——17439Getafe2011–12La Liga31700——3172012–13La Liga34730——3772013–14La Liga32130——3512014–15La Liga32341——364Total12918101——13919Perth Glory2015–16A-League261330——29132016–17A-League271300——27132017–18A-League22700——2272018–19A-League22910——2392019–20A-League18410—202142020–21A-League21300—30243Total1364950835014949Total na carreira5811192118350615123
Vida persoal É fillo de Fernando Castro Santos, que fora futbolista do Pontevedra e adestrador de numerosos clubs, entre eles o propio Pontevedra e o Compostela, ao que ascendeu dende a Terceira División até a Primeira. Ten dous fillos: Iker e Zoe.
Palmarés Perth Glory A-League (1): Liga Regular 2018/19.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Perth Glory FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia