O Cruce é un lugar da parroquia da Cabana no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2007 tiña 134 habitantes (70 homes e 64 mulleres), sete menos ca en 2004. Toponimia O topónimo O Cruce é un hodónimo que sinala un punto onde se cruzan dous camiños. Fai referencia ao lugar onde conectan a estrada DP-3612, que vai de Serantes a San Cristovo, e a DP-3608, que vai a Doniños.
Lugares e parroquias Lugares da Cabana
Parroquias de Ferrol
Categoría:Lugares de Ferrol