Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.Membros da RAG
Traxectoria Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais e coordinador (IP) de numerosos proxectos de investigación internacionais sobre sobre temas de Innovación, Políticas de Innovación, Economía Circular e Sustentabilidade.
É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago desde 1997 e tamén foi coordinador da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. É membro do Comité de dirección do Reseau de Recherche sur l'Innovation (RRI)
É coordinador do Máster Oficial Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN) da USC desde 2008.
Coordinou a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía, da Revista Principios, da revista Innovations.Journal of Innovation Economics & Management.
Colabora coa revista Tempos Novos e colaborou noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.
Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.
Obra en galego miniatura|dereita|Xavier Vence na XXVII Semana Galega da Filosofía Ensaio Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais. Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992. O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra. Salarios e custo da vida, 2005. Demanda de solo productivo en Galiza, 2007. A situación actual do sistema galego de innovación, 2007. Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento. Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, 2013, Fundación Galiza Sempre.
Obras colectivas Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia. Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais. Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais. Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo. 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia. O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre. Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia. Terciarización, servizalización e sustentabilidade. Un novo paradigma productivo. Andavira Editora, 2016.
Obra en castelán Ensaio Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid. Crisis y fracaso de la Unión Europea neoliberal. Editoria Eneida. 2014. Economía Circular Transformadora y Cambio Sistémico. Retos, Modelos y Políticas. Fondo de Cultura Económica. 2023
Obras colectivas Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas. La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso. Sistemas regionales de innovación, 2001. Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005. Radiografía de la investigación pública en España, 2006. Tecnología, conocimiento y territorio, 2006. Crecimiento y políticas de innovación, 2007. Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010. Redondear la Economía Circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias, Ed. Thomson Reuters-Aranzadi, 2021. Economía Inclusiva, 2025.
Obra en inglés Ensaio Wealth from diversity, 1996, Kluwer.
Obras colectivas Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge. Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.
Obra en francés Obras colectivas L’emploi en Espagne, 1991. Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.
Publicacións académicas en diferentes linguas ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1263-5455 USC: https://investigacion.usc.gal/investigadores/60610/detalle Research Gate: https://www.researchgate.net/profile/Xavier-Vence
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1263-5455 USC: https://investigacion.usc.gal/investigadores/60610/detalle Research Gate: https://www.researchgate.net/profile/Xavier-Vence Blog do autor Ficha do autor en Xerais
Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1961 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega