A Guarda é un distrito de Portugal, pertencente á provincia tradicional da Beira Alta, agás os concellos máis ao norte, que pertencen a Trás-os-Montes e Alto Douro. Limita ao norte co Distrito de Braganza, ao leste con España, ao sur co Distrito de Castelo Branco e ao oeste co Distrito de Coímbra e o Distrito de Viseu. Abrangue unha área de 5518 km², que o converte no 7º maior distrito portugués en extensión. Ten unha poboación residente de 173.831 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade da Guarda.

O distrito da Guarda subdivídese nos seguintes 14 concellos:

Aguiar da Beira. Almeida. Celorico da Beira. Figueira de Castelo Rodrigo. Fornos de Algodres. Gouveia. Guarda. Manteigas. Mêda. Pinhel. Sabugal. Seia. Trancoso. Vila Nova de Foz Côa.

Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase integrado case na súa totalidade na Rexión Centro, aínda que Vila Nova de Foz Côa pertence á Rexión Norte e á subrexión do Douro. Os restantes concellos forman as subrexións da Beira Interior Norte e da Serra da Estrela, existindo aínda un pertencente a Dão-Lafões. En resumo:

Rexión Norte. Trás-os-Montes e Alto Douro. Douro. Vila Nova de Foz Côa. Rexión Centro. Beira Interior Norte. Almeida. Celorico da Beira. Figueira de Castelo Rodrigo. Guarda. Manteigas. Mêda. Pinhel. Sabugal. Trancoso. Dão-Lafões. Aguiar da Beira. Serra da Estrela. Fornos de Algodres. Gouveia. Seia.

Xeografía física

O distrito ten un relevo elevado especialmente ao suroeste, onde se atopa a serra da Estrela, considerada como parque natural. O cume máis alto do territorio continental portugués, a Torre, atópase no límite co distrito de Castelo Branco. Nesta serra nacen dous dos ríos máis importantes de Portugal: o Mondego, no concello de Gouveia, e o Zêzere, que nos seus primeiros quilómetros de percorrido define un espectacular val graciario. Outro río importante que nace no distrito é o río Côa, afluente do Douro que atravesa lugares de grande beleza paisaxística e riqueza cultural do leste do distrito, destacando o sitio de arte rupestre do val do Côa, declarado Patrimonio da Humanidade. Ao nordés, moi preto do val do Côa, sitúase a parte máis ao sur do Parque Natural do Douro Internacional.

Patrimonio

Sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde. Catedral da Guarda. Conxunto histórico de Almeida. Ruta das Aldeas Históricas (Aldeias Históricas). No distrito destacan destacan as seguintes aldeas: Linhares. Folgosinho. Sortelha. Castelo Mendo. Castelo Rodrigo. Colmeal.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Goberno Civil do Distrito da Guarda. Fotografías da Guarda (distrito).