Mana (en xaponés マナ), nado o 19 de marzo de 1969 en Hiroshima, é un músico, produtor musical e deseñador de moda xaponés.
Triunfou como líder e guitarrista na banda de visual kei Malice Mizer. Actualmente atópase traballando no seu proxecto Moi dix Mois. Coñecido en todo o mundo como unha das iconas máis importantes do movemento Gothic Lolita. Co seu estilo de vestir axudou a pupularizar este movemento, así como coa creación da súa marca de roupa Moi meme moitie; aínda que nas súas últimas aparicións mostrouse usando roupas máis masculinas, que se poderían clasificar dentro do estilo Gothic Aristocrat.
Traxectoria Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, así como o seu nome real. Desde moi novo foi introducido na música clásica polo seu pai, un profesor de música nun instituto de Hiroshima. A música clásica foi unha das grandes influencias para el dende entón. Despois da graduación, Mana mudouse a Tokyo.
Categoría:Deseñadores de moda do Xapón Categoría:Músicos do Xapón Categoría:Nados en Hiroshima Categoría:Nados en 1969