Robert Woodrow Wilson, nado en Houston (Texas) o 10 de xaneiro de 1936, é un físico e astrónomo estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1978.
Traxectoria Wilson graduouse en física na Universidade de Rice en Houston e en 1962 doutorouse no Instituto Tecnolóxico de California.
Investigacións científicas Xunto a Arno Allan Penzias traballou aos Laboratorios Bell de Nova Jersey realizando melloras no funcionamento das antenas convencionais. En 1964 ambos físicos descubriron accidentalmente unha fonte de ruídos provenientes da atmosfera que eran completamente descoñecidos. A súa procura levounos a denominalos radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB, confirmando así a teoría do big-bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Arno Allan Penzias, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1978
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda Categoría:Alumnos do Instituto Tecnolóxico de California