O loendroNome vulgar galego preferido en Dicionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999; en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. A través de Buscatermos da USC - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#23887289 ou adelfa (Nerium oleander) é un arbusto perenne da familia das apocináceas. É orixinario dunha extensa área que vai do Mediterráneo á China, aínda que se cultiva en todo o mundo. Medra preferentemente nas barrancas e cavorcos dende o nivel do mar ata os 1200 m de altitude. Consérvase ben nos períodos prolongados de seca. Chega ata os 2 m de altura, as súas flores son brancas, vermellas ou amarelas. A adelfa é unha das plantas máis perigosas, todas as súas partes son tóxicas, a inxestión dunha simple folla pode levar á morte dun adulto, aínda que iso sería difícil debido ó seu sabor amargo.

miniatura|esquerda|Loendro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

ORDEN SCO/190/2004, de 28 de xaneiro, pola que se establece a lista de plantas cuxa venda ó público queda prohibida ou restrinxida por razón da súa toxicidade (BOE nº 32, 6.02.2004).

Categoría:Arbustos Categoría:Nerium Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas velenosas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753